Accesibilidade

Introdución

ADIF, entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Fomento, pon ao alcance dos seus usuarios unha canle de comunicación práctica e accesible a todos, coa que pretende suprimir barreiras, logrando mellorar a presenza do seu web na rede segundo os criterios de máxima simplicidade, alcance e eficacia, de tal xeito que se poida difundir a información e os servizos ofrecidos a calquera persoa que os queira consultar.

Accesibilidade

Esta acción alíñase coas directrices da Resolución do Consello da Unión Europea do 25 de marzo de 2002, sobre o Plan de acción E-Europe 2002, "Accesibilidade dos espazos públicos e dos seus contidos", cumpre as disposicións da Lei de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, do 11 de xullo de 2002 e segue as indicacións da "Guía para a edición e publicación das páxinas web da Administración xeral do Estado".

Pautas WAI

Neste sentido, os contidos do web de ADIF foron validados coa certificación Dobre A, segundo as recomendacións indicadas pola WAI (Web Accessibility Initiative), grupo de traballo internacional pertencente ao W3C (World Wide Web Consortium) que vela porque ningún colectivo sufra discriminacións de ningún tipo que poidan ser causa de fracturas sociais no mundo virtual. Neste sentido, as técnicas empregadas no portal de ADIF encaixan co que indica a WAI, tanto para a marcaxe XHML como para a CSS.

Certificacións externas

Para acadar este obxectivo de facilitar o acceso a todas as persoas, contamos coa colaboración de dúas organizacións externas a ADIF, encargadas de certificar o cumprimento das pautas WAI do W3C no tocante á validación Dobre A.

Contidos non accesibles/excepcións

Actualmente algúns contidos non resultan todo o accesibles que desexariamos que fosen. Estamos a traballar para solucionalo. Mentres tanto, os seguintes contidos non cumpren coas pautas:

  • As aplicacións ou interfaces externas integradas no sitio web de ADIF.
  • Certos documentos en formato pdf poden presentar problemas de accesibilidade.

ADIF comprométese a proporcionar calquera destes documentos en formato accesible a quen o solicite.

Contacto

Na actualidade estamos a traballar para mellorar a accesibilidade en todas as páxinas do portal. Se observa algunha anomalía, non teña reparo en poñerse en contacto connosco a través do correo electrónico: