Os nosos compromisos

Responsabilidade social corporativa

Código ético de Adif

O Código ético de Adif, aprobado polo Consello de administración, ten como obxectivo formalizar as pautas esperables de comportamento íntegro, responsable e transparente de todas as persoas que traballan en Adif, no desenvolvemento cotián dos seus labores e nas súas relacións profesionais.

O Código pretende traducir a comportamentos desexados os valores corporativos de Adif, tomando como punto de partida a cultura da organización, a lexislación que lle é aplicable e o compromiso de Adif coa responsabilidade social corporativa.


Caixa de correos

A Caixa de correos é a canle canal de comunicación entre Adif cos seus grupos de interese e coa sociedade en xeral para que calquera persoa poida notificar posibles incumprimentos do Código ou presentar as súas dúbidas ou suxestións.

Para facilitar o tratamento das comunicacións diferenciamos dous formularios:

  • Formulario de notificacións, para comunicar posibles incumprimentos do Código ético de Adif.
  • Formulario de dúbidas ou suxestións, para expresar dúbidas, comentarios ou suxestións relacionados co Código ético.

É importante ter en conta que esta non é a canle para presentar reclamacións oficiais. Para esa fin, existen os Libros de Reclamacións nas estacións.

Condicións de uso:

  • As mensaxes non deben contemplar palabras ofensivas.
  • Non se aceptarán notificacións anónimas. No formulario de dúbidas ou suxestións só é obrigado o campo correspondente ao enderezo de correo electrónico, se ben se ofrece a posibilidade de consignar nome e apelidos.
  • Garántese a confidencialidade.
  • Responderase a todas as notificacións recibidas que cumpran os requisitos establecidos.

Poñemos á súa disposición o seguinte formulario para a notificación de posibles incumprimentos do Código ético de Adif: