Comunicación e Prensa

Marca

IDENTIDADE CORPORATIVA E MARCA

A función nesta área da Dirección de Reputación Corporativa y Marca é dirixir e coordinar a estratexia de marca de Adif, desenvolvendo as ferramentas de comunicación necesarias: programa de identidade visual corporativa, publicidade, aplicacións da marca, etc.

OPORTUNIDADE

A identidade corporativa é a expresión de todas as realidades que compoñen a organización. Define a razón de ser da empresa e a o seu xeito de facer, de xestionar.

Os valores de identidade corporativa que se corresponden coa realidade empresarial do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) identifícanse con:

  • servizo público de infraestruturas ferroviarias de calidade
  • xestión moderna con enfoque empresarial, eficaz e transparente
  • seguridade na circulación
  • vertebración do territorio
  • xeración de riqueza
  • neutralidade na regulación da circulación
  • respecto polo medio ambiente e desenvolvemento sustentable

A identidade corporativa é recoñecida polos seus sinais de identidade visual, pola forma de comunicarse. Se a identidade corporativa supón a personalidade da empresa, a marca constitúe a sinatura, a rúbrica que garante a responsabilidade asumida.

Dende ese punto de vista a nova marca Adif buscou representar o compromiso que Adif asume coa sociedade como empresa para os cidadáns. Este compromiso concrétase nos seguintes valores da marca Adif:

Natural

A utilización da cor verde deixa patente un claro compromiso co medio ambiente. Unha obriga ineludible de cumprir con todas as normas en materia ambiental. De poñer todos os recursos ao servizo do equilibrio do medio.

Sólida

A solidez da marca reflicte a fortaleza e a seguridade dunha compañía que leva máis de cento vinte anos xestionando de forma óptima as infraestruturas ferroviarias do país. Con enerxía abondo para seguir mellorando día a día e a capacidade de adaptarse ás novas necesidades do mercado.

Humana

Os trazos redondeados, amables e sen arestas falan dunha empresa aberta a todos. Comprometida socialmente. Unha empresa levada por persoas para as persoas. Máis accesible, cun trato próximo e personalizado e a capacidade para adiantarse á necesidades e satisfacer as expectativas de todos os cidadáns.

Evocadora

A marca integra elementos que ben poden evocar o ámbito de actuación de Adif: as vías que se perden no horizonte falan de camiños por facer, de construción e progreso. A forma triangular do símbolo e a súa cor outórganlle un carácter natural e paisaxista, ademais dunha xeometría sólida. A configuración do símbolo por último é un A simbólico e imaxinativo, un A de Adif.