Coñecer ADIF

ADIF, o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias, é unha entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Fomento. ADIF exerce un papel principal como dinamizador do sector ferroviario, facendo do ferrocarril o medio de transporte por excelencia e facilitando o acceso á infraestrutura en condicións de igualdade.

Viaduto

Ten como obxectivo potenciar o transporte ferroviario español mediante o desenvolvemento e a xestión dun sistema de infraestruturas seguro, eficiente, sustentable desde o punto de vista ambiental e con altos estándares de calidade.

 

ADIF asume:

  • A administración de infraestruturas ferroviarias (vías, estacións, terminais de mercancías etc).
  • A xestión da circulación ferroviaria.
  • A adxudicación de capacidade aos operadores ferroviarios.
  • A percepción de canons polo uso da infraestrutura, estacións e terminais de mercancías.

Todo isto desde o compromiso de responsabilidade social coa cidadanía. Unha responsabilidade social que se fundamenta en principios éticos relacionados coa xestión e co papel da empresa na sociedade. Ten como eixe vertebrador a transparencia e o diálogo cos grupos de interese e a súa finalidade última é contribuír á sustentabilidade do desenvolvemento que propicia a nosa actividade desde unha perspectiva integral.

Vestíbulo da estación María Zambrano de Málaga