- Inicio
- Coñecer Adif
- Declaración da rede
Coñecer Adif
Declaración sobre a Rede
ACTUALIZACIÓN DECLARACIÓN SOBRE A REDE 2012
A Resolución do 9 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral de Infraestruturas, publicou o Acordo do Consello de Administración de Adif polo que se aprobou a actualización para o ano 2012 do documento Declaración sobre a Rede. (BOE. Núm. 40, do 16 de febreiro de 2012).
INTRODUCIÓN
A “Declaración sobre a Rede” (en adiante DR) é o documento que expón as características da infraestrutura posta a disposición das Empresas Ferroviarias e contén información sobre as condicións de acceso a esta. Nel detállanse as normas xerais, prazos, procedementos e criterios relativos aos sistemas de canons e adxudicación de capacidade, así coma calquera outra información necesaria para cursar unha solicitude de capacidade de infraestrutura.
Actualizouse para o período 2012/2013, incluíndo o Horario de servizo, cumprindo co establecido na Orde FOM/897/2005, do 7 de abril, relativa á declaración sobre a rede e ao procedemento de adxudicación de capacidade de infraestrutura ferroviaria. Esta normativa traspón a Directiva 2001/14/CE, de conformidade coa cal cómpre fornecer toda a información necesaria para a utilización dos dereitos de acceso, co fin de garantir a transparencia e o acceso non discriminatorio á infraestrutura ferroviaria de todos os candidatos a solicitar capacidade para prestaren servizos de transporte ferroviario.
ACTUALIZACIÓN DA DECLARACIÓN SOBRE A REDE 2012
Ampliouse e púxose ao día a información dos seguintes temas:
- PRINCIPAIS AXENTES DO SECTOR FERROVIARIO
Actualizouse a información do Sector Ferroviario español, coa estrutura orgánica básica do Ministerio de Fomento, os principais axentes, as súas funcións e competencias, e as relacións actualizadas de Empresas Ferroviarias (EEFF) e Candidatos Habilitados inscritos no Rexistro Especial Ferroviario. - GRANDES CIFRAS DE ADIF
Actualizáronse os datos de todos os apartados. - INCLUSIÓN DE NOVOS ACTIVOS NA REDE XESTIONADA POR ADIF
Incorpórase información detallada sobre a variación nos activos (altas, baixas e modificacións) da Rede xestionada por Adif, debido ás actuacións en Alta Velocidade, á modernización da Rede existente e á posta en servizo de novos tramos. - INSTALACIÓNS TÉCNICAS E LOXÍSTICAS DE MERCADORÍAS
Actualizouse a información das Instalacións Loxísticas Principais de Mercadorías, así como a de aquelas que se xestionan segundo o novo modelo para a asignación de espazos e o uso en réxime de autoprestación dos servizos complementarios e auxiliares, ás empresas ferroviarias e candidatos titulares de material rodante habilitado. - ACTUALIZACIÓN DO RÉXIME ECONÓMICO E TRIBUTARIO DO USO DA INFRAESTRUTURA
Taxas e Canons: Publicado no Real Decreto Lei 20/2011, do 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público (BOE do 31 de decembro de 2011), polo que se produce a prórroga xeral da Lei 39/2010, do 22 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2011, a partir do 1 de xaneiro de 2012, agás naqueles créditos correspondente a actuacións que rematen no ano 2011 ou para obrigas que se extingan no mesmo ano. En consecuencia, mantéñense as taxas e canons ferroviarios vixentes en 2011, agás que sexan modificados pola Lei de Presupostos Xerais do Estado de 2012. -
Tarifas Provisionais Servizos adicionais e complementarios 2012: Actualizáronse, segundo a Resolución do 14 de decembro de 2011 da Secretaría de Estado de Planificación e Infraestruturas. (BOE núm. 313, do 29 de decembro de 2011).
- HORARIO DE SERVIZO 2011/2012 e 2012/2013
Actualizouse o Calendario de Adxudicación de Capacidade do Horario de Servizo 2012/2013, segundo as directrices de Rail Net Europe (RNE), para a realización de solicitudes por parte dos Candidatos. Así mesmo, os capítulos 5 e 6 recollen de xeito individualizado os Servizos Auxiliares, que foron desagregados dos Adicionais e Complementarios -
O Horario de Servizo 2012 permanecerá vixente ata o 8 de decembro de 2012 e o Horario de Servizo 2013 terá vixencia ata o 14 de decembro de 2013 (segundo sábado de decembro, conforme se determina no Art. 7.2 da Orde FOM/897/2005). Ambos os dous inclúen as datas determinadas para a realización dos correspondentes axustes concertados e os axustes mensuais. Así mesmo, inclúese o Catálogo actualizado de Surcos Internacionales. - NORMATIVA FERROVIARIA ACTUALIZADA
Actualizouse o Anexo F, “Documentación de referencia”, coa información xurídica en vigor máis relevante sobre o sector ferroviario na data do 31 de decembro de 2011, tanto no ámbito nacional coma europeo, contendo adicionalmente as referencias sobre a principal normativa técnica vixente. - MAPAS.
Renovouse e ampliouse a información dos mapas da Rede xestionada por Adif, incluíndose o tramo de Alta Velocidade posto en servizo comercial en decembro de 2011, Ourense-Santiago de Compostela, da liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia. -
Incorpórase un novo mapa cos Portos de Interese Xeral, cos que se asinaron convenios para regular a súa conexión ferroviaria coa rede administrada por Adif, como consecuencia da sinatura, en outubro de 2011, dos convenios que regulan a conexión ferroviaria de 11 portos coa rede administrada por Adif, co obxectivo de mellorar a integración e coordinación da rede ferroviaria cos Portos do Estado e darlle pulo ao transporte ferroviario de mercadorías e, deste xeito, á competitividade dos portos españois. - OUTROS DATOS DE INTERESE
A Liña Ourense - Santiago de Compostela - A Coruña, entrou en servizo o 10 de decembro, coa posta en servizo comercial dos 84 Km. do tramo de Alta Velocidade Ourense - Santiago de Compostela, do novo trazado construído por Adif, xunto cos 62 Km. do Eixe Atlántico entre Santiago de Compostela e A Coruña que executaron conxuntamente o Ministerio de Fomento e Adif (mellora integral). -
Os Servizos Auxiliares recóllense no Anexo D.
1ª Modificación Actualización Declaración sobre a Rede 2012
O 6 de marzo de 2012 publicouse no Boletín Oficial do Estado o Real Decreto 452/2012 , do 5 de marzo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Fomento, que modifica o Real Decreto 1887/2011, do 30 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica básica dos departamentos ministeriais, afectando ao contido da Actualización Declaración sobre a Rede 2012, no seguinte:
- Capítulo 1 INFORMACIÓN XERAL, apartado:
1.1.1.2. Principais Axentes do Sector Ferroviario en España, "A. Ministerio de Fomento: Organización e funcións. Modifícase a estrutura orgánica básica do Ministerio de Fomento. - Anexo E: Organigrama do Ministerio de Fomento
- Anexo F Documentación de Referencia, apartado:
Normas con Rango de Real Decreto, inclúese o Real Decreto 452/2012, do 5 de marzo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Fomento.
Estas modificacións atópanse recollidas na correspondente versión (V.1.1) do documento, conforme se especifica a continuación
DECLARACIÓN SOBRE A REDE 2012. DOCUMENTOS.
- Documento completo (PDF de 14,7 Mb)
- Capítulo 1(V.1.1): Información xeral (PDF)
- Capítulo 2: Condicións de acceso (PDF)
- Capítulo 3: Descrición da Rede (PDF)
- Capítulo 4: Adxudicación de Capacidades (PDF)
- Capítulo 5: Servizos de Adif (PDF)
- Capítulo 6: Réxime Económico e Tributario (PDF)
- Anexos e Mapas (V.1.1) (PDF)