Infraestruturas e estacións

Liñas de Alta Velocidade

Mapa de liñas e cidades con servizos de alta velocidade

Compromisos 2010 e 2020

Variante Motilla del Palancar, Lav Levante

Tras a posta en servizo en 2010 dos 438 quilómetros do percorrido entre Madrid, Albacete e Valencia, España situouse, despois de China, como o segundo país do mundo e o primeiro de Europa en número de quilómetros de alta velocidade en explotación, por diante mesmo de países de gran tradición neste modo de transporte como son Xapón e Francia.

No plano tecnolóxico, España é precursora no sector de I+D+i ferroviario, mediante a innovación en infraestrutura, sinalización, electrificación e material rodante.


  • 2.665 km en servizo
  • 17 provincias e 24 cidades españolas conectadas directamente á rede española de alta velocidade
  • Líderes en integración de tecnoloxía e interoperabilidade ferroviaria.
Viaduto do Istmo, Lav Levante

En 2020, ao concluír o período de vixencia do PEIT (Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transporte):


  • • Avánzase no obxectivo de que o 90% da poboación española se sitúe a menos de 50 quilómetros dunha estación de alta velocidade no ano 2025.

Beneficios da alta velocidade

Vía en paisaxe verde

O incremento do volume de investimento convértese en motor de creación de postos de traballo (directos e indirectos), reforza a cohesión territorial e abre novos mercados, especialmente no sector servizos.

A posta en servizo destas liñas de alta velocidade, non só beneficia ás cidades polas que pasa, senón que os seus beneficios se estenden a numerosas rexións españolas grazas á interoperabilidade entre a rede convencional e a rede de alta velocidade mediante a tecnoloxía de cambiadores de ancho, que permite a trens de rodadura desprazable circular por ambas as dúas.

 O impacto social das liñas de alta velocidade faise notar tamén na estrada, pola creación dun novo escenario de oferta e demanda, así como por aspectos como a redución de accidentes e o aforro de tempo nos desprazamentos por estrada debido á menor conxestión do tráfico.

A integración co medio forma parte substancial da filosofía que inspira todas as actuacións en alta velocidade. Por un lado redúcense as emisións de CO2 anuais e, por outro, hai un considerable aforro de consumo enerxético de toneladas equivalentes de petróleo.


  • O ferrocarril de alta velocidade, motor de desenvolvemento económico e da sustentabilidade do transporte

Liñas de alta velocidade encomendadas a Adif

Imaxe aérea estación de Vialia Albacete los Llanos

Adif continúa avanzando nas obras e proxectos encomendados polo Goberno acurtando distancias e unindo os diversos territorios da xeografía española por medio da alta velocidade.

A data de 30/05/2011, Adif está construíndo case 4.500 km de alta velocidade, en diferentes fases de construción, as seguintes liñas de alta velocidade.


  • Madrid-Barcelona-Fronteira Francesa. Tramo Barcelona Sants-Figueras. Lonxitude: 131,4 km.
  • Venta de Baños-Palencia-Léon-Asturias. Lonxitude: 225 km (excluída variante de Pajares)
  • Variante de Pajares. Lonxitude: 49,7 km
  • Venta de Baños-Burgos-Vitoria. Lonxitude: 200,4 km
  • Vitoria-Bilbao-San Sebastián. Lonxitude: 176,5 km (incluídos accesos a cidades)
  • Madrid-Galicia. Tramos Olmedo-Zamora-Lubián-Ourense. Lonxitude aproximada: 363 km
  • Tramo Ourense-Santiago da liña Madrid-Galicia. Lonxitude: 87,1 km
  • Madrid-Castela A Mancha-Comunidade Valenciana-Rexión de Murcia. Lonxitude: 955 km (438 en servizo e 517 en construción)
  • Corredor Mediterráneo de alta velocidade. Tramo Murcia-Almería. Lonxitude: 184,4 km (sen incluír a Rede Arterial Ferroviaria de Murcia)
  • Antequera-Granada. Lonxitude: 125,7 km
  • Madrid-Estremadura-Fronteira Portuguesa. Lonxitude estimada: 450 km
  • Madrid: Conexión Atocha-Chamartín. Lonxitude: 8,2 km

A EXPERIENCIA DE ADIF EN ALTA VELOCIDADE

Variante Motilla del Palancar, Lav Levante

En apenas seis anos (2005-2010) España converteuse nun país á vangarda mundial en alta velocidade. Neste tempo, o noso país multiplicou por 5 o número de quilómetros de alta velocidade en servizo, pasando de algo máis de 550 km a case 2.800 km, e estendeu de sete a 24 cidades os beneficios deste modo de transporte rápido, seguro e eficiente. Adif desempeñou un papel fundamental neste éxito, que supuxo un salto cualitativo para o ferrocarril e a enxeñería española.

Desde 2005, Adif puxo en servizo case 1.600 km de alta velocidade, superando todo tipo de dificultades técnicas e orográficas.


  • En 2005 púxose en marcha a sección La Sagra-Toledo, facendo posible a conexión de alta velocidade entre Madrid e a capital castelán-manchega.
  • En 2006 puxéronse en explotación os tramos Lleida-Camp de Tarragona e Córdoba-Antequera Santa Ana, dentro das liñas de alta velocidade Madrid-Barcelona-Fronteira francesa e Madrid-Málaga, respectivamente.
  • En 2006 Adif puxo a 300 km/h a conexión Madrid-Lleida (468 km), que fora inaugurada en 2003 a 200 km/h.
  • En decembro de 2007 culminouse a construción da liña Madrid-Málaga, ao entrar en servizo o tramo Antequera Santa Ana-Málaga. Así mesmo, finalizaron as obras e iniciouse a explotación da liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid.
  • En febreiro de 2008 púxose en servizo o tramo Camp de Tarragona-Barcelona, posibilitando a conexión de alta velocidade entre a capital catalá e Madrid.
  • En decembro de 2010 púxose en servizo a relación directa Madrid-Cuenca-Valencia/Albacete da LAV Madrid-Castela A Mancha-Comunidade Valenciana-Rexión de Murcia, así como parte da LAV Barcelona-Figueres que actualmente utilizan os trens de mercadorías dentro da conexión en UIC entre o Porto de Barcelona e a Fronteira Francesa.

PROTECCIÓN DO MEDIO E DO PATRIMONIO CULTURAL

Construción do viaduto do Río Ulla, na liña Ourense-Santiago

Unha das máximas prioridades de Adif na construción de novas infraestruturas é o respecto ao medio no que se desenvolven os traballos, minimizando as afeccións e facilitando a súa posterior integración no medio. Mostra disto é a importante aposta que supuxo a aprobación, en 2006, do Plan Estratéxico de Calidade e Medio. Neste documento, de carácter esencial para Adif, a vixilancia e a sustentabilidade ambiental configúranse como principios básicos para configurar as políticas orientadas á protección do medio e o patrimonio histórico.

Adif non só aplica a lexislación vixente na materia, senón que emprega todos os recursos ao seu alcance para marcarse novas metas. O obxectivo é compatibilizar os beneficios derivados da construción e posta en marcha dunha liña de alta velocidade coa necesaria conservación do patrimonio común de todos os cidadáns, tanto ambiental como cultural.

A Declaración de Impacto Ambiental (DIA) é a referencia básica á hora de executar unha nova liña de alta velocidade, xa que marca as directrices que deben seguirse, de acordo co ditame do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, para asegurar unha correcta protección do medio. Isto tradúcese en moitas medidas concretas, como o respecto das paradas biolóxicas, o tratamento de residuos, a instalación de pasos de fauna, etc.

A protección do medio non se limita a contorna natural, senón que inclúe tamén os espazos con valor arqueolóxico ou paleontolóxico. A lei establece que é necesaria a presenza de especialistas durante a execución das obras coa fin de detectar e, no seu caso, estudar e protexer os restos que puidesen aparecer. Ás veces, os arqueólogos coñecen por adiantado o que poden atopar grazas ás cartas arqueolóxicas, nas que se atopan inventariados os xacementos xa coñecidos.

Sen embargo, noutras ocasións as obras executadas por Adif permitiron sacar á luz restos de gran valor, contribuíndo decisivamente ao progreso da investigación científica. Precisamente o descubrimento do xacemento paleontolóxico de Lo Hueco no concello de Fuentes (Cuenca), un dos máis importantes de Europa occidental no seu xénero, produciuse de xeito totalmente fortuíto durante o transcurso das obras de plataforma da Liña de Alta Velocidade Madrid-Castilla A Mancha-Comunidade Valenciana-Rexión de Murcia.

 



PRESTIXIO INTERNACIONAL DE ADIF

Centro de Regulación e Control (CRC) da liña Madrid-Barcelona

Actualmente, la empresa mantiene una importante actividad internacional representando los intereses españoles en diversas instituciones y colaborando en procesos de transferencia de tecnología española, estableciendo amplios acuerdos con ferrocarriles de distintos países.

O sector español de consultoría/enxeñería e construción/equipamento de liñas ferroviarias é sen dúbida un referente mundial de primeiro nivel e os éxitos que se conseguen así o testemuñan.

O sector ferroviario español está na vangarda tecnolóxica no desenvolvemento da interoperabilidade, da integración das mellores tecnoloxías ferroviarias (algunhas de desenvolvemento propio), destacando na xestión de grandes proxectos (asegurando calidade, prezo e prazos), e de xeito específico na xestión da circulación ferroviaria (co Sistema Da Vinci, que xa foi contratado pola empresa ferroviaria marroquí e os ferrocarrís de Lituania, entre outros), na sinalización e sistemas de seguridade ferroviarios (España é líder no sistema estándar europeo ERTMS) e en sistemas de cambio automático de ancho (de gran interese para países como Rusia, que teñen tamén un ancho de vía diferente ao estándar). Cada vez é máis común ver como empresas españolas conseguen negocios nestes campos, grazas á extraordinaria experiencia ferroviaria conseguida en España.

Adif apostou desde os seus inicios pola innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. Esa aposta decidida materializouse no pulo dado a diversos proxectos centrados nesta materia, ademais do establecemento de diversos convenios con numerosas institucións universitarias.

Neste aspecto destaca o liderato europeo de Adif no desenvolvemento e implantación do ERTMS, sistema de sinalización que se está desenvolvendo para a xestión común do tráfico ferroviario en Europa. Neste sentido, con case 1.500 km de liña férrea dotada de ERTMS, España conta coa maior implantación do sistema común europeo de sinalización.

Outra mostra de desenvolvemento tecnolóxico propio é o sistema Da Vinci. Trátase dun dos sistemas de xestión de tráfico ferroviario máis avanzados do mundo. En España é o sistema encargado da xestión e control integral da rede de alta velocidade. Nestes momentos, en colaboración con Indra, participa en licitacións internacionais para a súa exportación e posta en valor internacional, dalgunhas das que resultou xa adxudicatario como por exemplo o metro de Londres ou o de Medellín. 


Colaboración e transferencia tecnolóxica con Estados Unidos

EEUU é un dos países que máis interese está amosando na tecnoloxía desenvolvida por Adif. Tanto é así que a entidade española trasladou a súa experiencia e coñecemento en materia de alta velocidade a territorio estadounidense, participando en seminarios e xornadas, así como asesorando en diferentes proxectos á administración norteamericana.

España converteuse nunha das principais referencias para o desenvolvemento da alta velocidade en Estados Unidos no contexto da decisión tomada pola Casa Branca, dentro do Plan de Estímulo da Economía lanzado polo presidente Obama, de dedicar axudas por importe de 8.000 millóns de dólares para darlle pulo a diversos corredores de alta velocidade en territorio estadounidense.

Dentro deste marco de colaboración inscríbese tamén a visita de membros do Congreso dos Estados Unidos a instalacións de alta velocidade española xestionadas por Adif, visita que se suma ás anteriormente realizadas por distintas delegacións norteamericanas. Produto desta colaboración diversas empresas españolas de enxeñería conseguiron recentemente contratos relacionados coa alta velocidade nos Estados Unidos. Aínda que as actividades aínda se atopan na fase de consultoría e enxeñería.


Proxectos de índole internacional nos que participa ADIF

Tren laboratorio de Adif pasando por un cambiador de anchos

Adif, como administrador de infraestruturas, a empresa mantén unha importante actividade internacional representando os intereses españois en diversas institucións internacionais e colaborando en procesos de transferencia de tecnoloxía española, establecendo amplos acordos con ferrocarrís de diversos países. En Europa, con Rusia, Turquía, Lituania e Polonia. En América, con Colombia, Chile, México, Brasil e Estados Unidos. En África, con Marrocos e Tunisia, e en fase de establecemento con Alxeria e Exipto. E en Asia, tamén en fase de establecemento, con Xapón e a República Popular China. Ademais, tamén se asinaron convenios de colaboración técnica con practicamente todas as empresas ferroviarias latinoamericanas.

No ámbito europeo, Adif participa nos principais organismos que impulsan a modernización ferroviaria e executan proxectos orientados a esa modernización. Adif tamén participa en Agrupacións Europeas de Interese Económico (AEIE), que desenvolven proxectos ligados a corredores ferroviarios internacionais e redes transeuropeas de transporte.

Asináronse e desenvolvéronse acordos e protocolos coas seguintes entidades: Ferrocarrís de Tunisia (SNCFT), Empresa Rusa de Ferrocarrís (RZD), Universidade de Enxeñería Ferroviaria de Moscova, Empresa de Ferrocarrís de Marrocos (ONCF), Ferrocarrís Turcos (TCDD), Administrador de Infraestruturas Ferroviarias de Polonia (PKP PLK), Ferrocarrís do Norte de Colombia (FENOCO) (1999-2010), Empresa de Ferrocarrís de Chile (EFE) (2002-2010), Ferrocarril Suburbano do Val de México (2006-2009).

Tamén está previsto asinar acordos con: Axencia de Construción, Transporte e Tecnoloxía Ferroviaria de Xapón JRTT, Ferrocarrís Chineses e Alxerianos. Así mesmo, apoiamos institucionalmente ao sector ferroviario español en actividades internacionais en Brasil, Estados Unidos, Arabia Saudita, India, Alxeria, Eslovenia e naqueles países xa mencionados na listaxe de acordos asinados.