Ourense. Estacións para o turismo interior

Baños de Molgas

Situada na liña Zamora–A Coruña a 36 km de Ourense.

A planta baixa será destinada a un museo que levará o nome do popular humorista Moncho Borrajo (nacido nesta localidade), onde, ademais de albergar o seu legado, se implantarán outras actividades como exposicións, pinacoteca, albergue, biblioteca con máis de 3.000 libros, etc.

Contará tamén cunha cantina histórica onde se expoñerá parte dun documental deseñado por Rafael Cid, que narra a vida do ferrocarril en Ourense. Outros espazos estarán dedicados para a formación e axuda de nenos con problemas de superdotación.

Na primeira planta conta con dez cuartos de diferentes tamaños, desde dúas camas a outras con cinco. Está orientada principalmente a peregrinos e camiñantes.

Na parte superior foi habilitada unha bufarda, xa que se puido rehabilitar toda a cuberta e o tellado, elevándoo algo máis para facer posible un espazo que probablemente estea dedicado a biblioteca e aulas de informática, entre outros posibles usos destacados.

Baños de Molgas conta ademais cunha nave de 300 m² que será dedicada a temas puramente lúdicos, punto de información turística e actividades ao aire libre.

Esta localidade é popular polos seus baños termais.