- Inicio
- Ocio e cultura
- Antigas liñas ferroviarias
- Estacións emprendedoras
- Castrello do Val-Campobecerros
Ourense. Estacións para o turismo interior
Castrelo do Val-Campobecerros
Liña Zamora–A Coruña, a 70 km de Ourense.
Igual que noutras estacións, o seu obxectivo principal é o de reforzar a Vía da Prata.
Na planta baixa do edificio da estación sitúase un punto de información turística, cantina histórica, aulas de formación e sala de reunións. O conxunto enfocouse ao desenvolvemento de toda clase de actividades relacionadas co turismo activo, que se desenvolverán con máis atractivo, se cabe, dada a súa proximidade coa Serra do Invernadoiro.
A planta alta contará con albergue para apoio de peregrinos, modulada en recintos de dous cuartos (como o que se observa na imaxe) de adecuada capacidade para albergar liteiras, con baño común. Tamén dispón de dous cuartos independentes con baño incluído para o seu posible alugueiro.