Estacións verdes

Ourense. Estacións para o turismo interior

Na provincia de Ourense, Adif conta con estacións que co paso do tempo foron quedando obsoletas no seu uso. Ao mesmo tempo, Galicia prepárase e modernízase nas súas infraestruturas ferroviarias para recibir a Alta Velocidade nun futuro próximo.

Polo tanto, Adif, a través da Dirección de Patrimonio e Urbanismo e a súa delegación de Asturias e Galicia, analizou a posibilidade de acondicionar estas antigas estacións e adaptalas aos novos usos demandados en cada zona, para o que se deben acometer obras de rehabilitación integral.

Todas elas teñen a particularidade de pertenceren a liñas que non están pechadas á circulación, malia manteren escaso tráfico. Para garantir a seguridade na circulación, prioridade de Adif, construíuse un posto avanzado independente do edificio de viaxeiros.

Para Adif, este proxecto, ademais de supoñer unha revalorización das infraestruturas ferroviarias, representa unha aposta sustentable do contorno que rodea estas estacións, contorno que pola Unión Europea foi declarado como LIC (Lugar de Interese Comunitario).


Cesión de uso a Inorde

Reunida a información e os proxectos que o Inorde (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico) viña desenvolvendo na provincia, este organismo foi convocado para que lles dese o pulo necesario a estes inmobles, rehabilitando os seus edificios e outras construcións anexas de xeito que poidan ser destinados a espazos de lecer, turismo, natureza, cultura, etc.

O Inorde considerou viable a iniciativa, e quedou enmarcada dentro do desenvolvemento e fomento do turismo interior de Galicia, con apoio por parte da Deputación de Ourense e da propia Unión Europea.

As estacións que recollen este convenio e que presentan un aspecto de obra practicamente acabada son:

Na liña de Zamora–A Coruña

  • Santa Cruz de Arrabaldo
  • Vilar de Barrio
  • Baños de Molgas
  • Castrelo do Val-Campobecerros
  • Vilavella-A Mezquita

Na liña de Vigo a Monforte de Lemos

  • Os Peares