Ourense. Estacións para o turismo interior

Vilavella-A Mezquita

Situada na liña Zamora–A Coruña, podería ser considerada como a entrada natural á provincia de Ourense, ao tratarse dunha estación localizada no seu extremo sur.

Ademais da rehabilitación prevista no edificio de viaxeiros, proxectouse a recuperación dunha nave situada no recinto da estación que será destinada a albergue para turistas e peregrinos.

Consta de seis cuartos independentes con baño e cociña americana. Na planta baixa do edificio da estación sitúase unha cantina histórica e unha zona de actividades. A súa planta superior dispón de tres vivendas con dous dormitorios, cociña e salón para a súa cesión en réxime de alugueiro.


Ademais, no propio recinto da estación existen catro edificacións unifamiliares (antigas vivendas ferroviarias) que cada unha delas inclúe dúas vivendas con tres dormitorios, salón, cociña e baño. As oito vivendas do conxunto xa están completamente acondicionadas.

En todas as rehabilitacións usouse o granito típico da zona e outros materiais de óptima calidade no interior: pintura lisa, tarimas e carpintaría de aluminio imitando madeira, calefacción e renovación total das instalacións básicas.