Estacións históricas

Estación de Francia (Barcelona)

Andrés Coret Maristany foi quen inspirou e impulsou a Estación de Barcelona-Termo, ou de Francia, xa que Barcelona non puidera gozar en 1888 dunha terminal férrea á altura da súa Exposición Universal. Aí está o gravado que recolle, na terminal vella, a chegada do alcalde Rius i Taulet despois de obter da Corte o permiso para organizala. Engádaselle a isto o amor propio, o prurito da opinión pública na Barcelona do Ensanche, ebria de prosperidades materiais e culturais, e a honra da mesma MZA, atrasada en comparación con outras capitais respecto destes "buques-insignia" que son as grandes estacións.

Pero aínda tomada pola MZA a decisión de facer "o monumento", como algúns o amentaban, os tratos sobre a súa localización entre a compañía e o Concello foron tensos e prolongados. A idea cobrou voo co intento de celebrar en 1915 unha Exposición Internacional e, aínda que a Primeira Guerra Mundial trastornou o calendario, realizouse finalmente en 1929. As présas por chegar a tempo, agudizadas pola necesidade desde a instancia municipal de aclarar volumes e aliñacións urbanas, provocaron que a obra se convertese nunha auténtica loita contrarreloxo, e foi finalmente encomendada por concurso ao arquitecto madrileño Pedro Muguruza Otaño. A Estación de Francia en Barcelona é hoxe por hoxe valorada como un dos grandes activos da arquitectura civil barcelonesa. (1883-1952). O seu arquitecto sería despois o primeiro proxectista do Valle de los Caídos en Madrid.

Estación de Francia (Barcelona)