Estacións históricas

Estación de Toledo

Edición Impresa

HISTORIA DE LA ESTACIÓN DE TOLEDO

Noviembre de 2005

En esta edición han participado Adif, a través de su Dirección de Patrimonio y Urbanismo y la  Dirección Ejecutiva de Estaciones de Viajeros.

Portada de la edición impresa

Esatación de Toledo

No ano 1856, o Goberno outórgalle ao Marqués de Salamanca a concesión da liña Castillejo–Toledo, e nace así a Compañía del Ferrocarril Castillejo a Toledo, que en decembro de 1858 pasará a ser propiedade da Compañía de los Ferrocarriles de Madrid-Zaragoza-Alicante. As obras iniciáronse en outubro de 1857, e foron inauguradas pola raíña Isabel II no ano de 1858.

A actual estación de Toledo, posta en servizo en abril de 1919, substitúe unha anterior construída en 1857, máis pequena e sinxela, obra do enxeñeiro Eusebio Page.

En 1912, Afonso XIII, nunha visita á cidade, comentoulles ás autoridades locais e directivos do ferrocarril que era unha mágoa que unha cidade como Toledo non tivese unha estación á altura do seu acervo arquitectónico. Ese mesmo ano MZA inicia as xestións para a compra de novos terreos e en 1917 encárgalle ao arquitecto da compañía, D. Narciso Clavería y Palacios, o proxecto da nova estación.

 

Toledo vista general

Narciso Clavería consegue co seu deseño reunir os dous extremos da concepción do edificio de viaxeiros, que desde o século XIX supuxeran unha constante polémica entre enxeñeiros e arquitectos: funcionalidade e estética. Representante da tendencia historicista da época, concibe unha fermosa arquitectura neomudéxar, chea de matices tanto cromáticos como materiais, sen deixar, malia isto, de ser funcional e moderna. O edificio componse dun pavillón central flanqueado por dúas alas laterais de menor altura, nun de cuxos extremos se ergue a torre do reloxo, elemento arquitectónico reservado ata entón a igrexas e concellos, símbolo do auxe e a importancia que estas edificacións adquiriron dentro das cidades.

 

Anden lado Madrid
Entrada al anden

A dirección e vixilancia das obras estiveron a cargo do enxeñeiro de camiños e director adxunto da compañía, D. Ramón Peironcely. A súa construción foi asumida polo francés M. Hourdillée, e o seu custo superou o millón de pesetas.

Artesoados, xeseiras e zócolos son obras do ceramista toledano Ángel Pedraza, e o mestre forxador Julio Pascual Martínez cicelou a cerrallaría, as lámpadas e os apliques.

O conxunto completábase con edificacións menores como o peirao da peixaría, o pavillón de urinarios e o transformador de electricidade, aos que alcanza o gran concerto de oficios do edificio principal e nos que se prolongan os arcos de ferradura polilobulados e entrecruzados, os frisos de ladrillo, as ameas en chanzos, as armaduras de carpintaría, os azulexados e as celosías que o compoñen.

Como grande evolución, o 15 de novembro de 2005 inaugurouse a liña de Alta Velocidade entre Madrid e Toledo. Deste xeito únese con Madrid nun tempo breve, en torno a 30 minutos sen paradas intermedias, fronte a unha estrada con gran volume de tráfico e xeralmente atascada nas horas punta. Así, mellóranse os accesos á cidade de Toledo e a comunicación con Madrid, aforrando tempo e facilitando o acceso, tanto ao turismo como aos habitantes da capital toledana, dos que gran parte destes teñen a súa actividade laboral na capital de España, percibindo a súa cidade máis próxima á urbe madrileña, o que supón, ademais dun importante aforro e mellora de vida destes cidadáns, unha mellora do crecemento económico para esta cidade imperial.

Á inauguración desta liña, ademais do presidente do Goberno, D. José Luis Rodríguez Zapatero, asistiron o presidente de Castela-A Mancha, D. José María Barreda; a ministra de Fomento, D.ª Magdalena Álvarez; o ministro de Defensa, D. José Bono; a presidenta da Comunidade de Madrid, D.ª Esperanza Aguirre; e o alcalde de Toledo, D. José Manuel Molina.

 

Linea de alta velocidad  Madrid - Toledo

Deste xeito, Toledo ve nacer o que é xa a terceira liña de Alta Velocidade en España despois da de Madrid–Sevilla e da de Madrid–Zaragoza–Lleida.