Estacións históricas

Estación de Zamora

É sen dúbida unha das estacións máis bonitas de España. As súas obras comezaron en 1927, dirixidas polo enxeñeiro Marcelino Enríquez, pararon en 1932, en 1935 reiniciáronse e volveron ser detidas durante a Guerra Civil (1936-1939), para inaugurarse por fin en 1958, un ano despois de poñerse en servizo a liña Medina del Campo–Zamora–Ourense–Vigo (cuxas siglas, MZOV, perdurarían á marxe da actividade ferroviaria). Na súa fachada, de 88 metros de longo, permanece unha caricatura dos Reis Católicos, e supón toda unha xoia de arquitectura de inspiración renacentista, cuxas arcadas e antepeitos calados lembran o estilo gótico tardío. O rei Afonso XIII, á parte doutras aparicións neste lugar, realizou a súa última viaxe oficial a Zamora en tren o 20 de outubro de 1929, para visitar as obras do encoro do Esla. Foron os xenerais Primo de Rivera e Franco quen máis empeño puxeron na integración de Zamora na rede ferroviaria nacional.

Estación de Zamora