Elcano

Información e servizo ao viaxeiro

Elcano é unha plataforma que facilita a xestión da información nunha rede ferroviaria completa e permite distribuír esta información en tempo real aos seus viaxeiros, desde antes de comezar a súa viaxe ata chegar ao seu destino.

Permite, de xeito sinxelo, a xestión da información do tráfico ferroviario, a monitorización dos sistemas de anuncio e os sistemas de control da estación, así como controlar a distribución da información ao viaxeiro. Isto permite aumentar a calidade do servizo ofrecido e a calidade da información subministrada en toda a rede de estacións.

Elcano Rail

Elcano Rail controla a posición e o estado do tráfico a partir da planificación ferroviaria e da información obtida en tempo real dos sistemas de regulación e sinalización.

Elcano Rail ofrece información sobre a rede ADIF completa, a alta velocidade e a rede convencional.

 

 

Elcano Info

Elcano Info é o sistema que informa aos viaxeiros das estacións a través da megafonía e dos dispositivos visuais (paneis, videowalls e monitores).

Elcano Info, actualmente está a prestar servizo en máis de 340 estacións.

 

 

 

Elcano View

Elcano View é o sistema que visualiza en tempo real o estado dos elementos da rede, a posición e o estado das circulacións, en mapas xeorreferenciados e en sinópticos detallados.

Elcano View, ofrece información detallada sobre o estado da infraestrutura e a posición das circulacións na rede convencional e de alta velocidade.

 

 

Elcano Near

Elcano Near permite informar das próximas circulacións de trens en monitores que se poden mostrar en centros comerciais, hoteis e aeroportos. Só se ten que ter acceso a internet.

Elcano Near, con dispositivos nos principais aeroportos españois.

 

 

Elcano APP

A aplicación Elcano pon ao teu alcance, no teu móbil, toda a información sobre o estado da rede e as circulacións, permitindo consultas baixo demanda ao usuario, así como facer subscricións sobre un tren ou ruta entre dúas estacións.

Elcano App, con máis de 30.000 usuarios activos/diarios.

 

 

Elcano Domo

Elcano Domo mellora a xestión e o uso dos sistemas das estacións (iluminación, aire acondicionado, etc.). Utiliza a información dos pasos das circulacións pola estación para optimizar o uso destes sistemas.

Elcano Domo monitoriza e controla máis de 1200 dispositivos, xestionando automaticamente as estacións sen persoal.

 

 

Produto desenvolvido e comercializado por:

 

Elcano é un produto do Adif desenvolvido e comercializado por Elecnor Deimos