Sostibilidade e Medio Natural
Loita contra o Cambio Climático

O Plan da Loita contra o Cambio Climático para o período 2018-2030 de Adif é unha iniciativa estratéxica da entidade que busca aumentar a súa contribución a resolver un dos problemas ambientais máis importantes e urxentes polo impacto que xera e pola súa escala global.
O Plan establece metas para 2020, 2025 e 2030 no ámbito da mitigación, en termos de incrementar a eficiencia enerxética e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, como no ámbito da adaptación, co obxectivo de mellorar a resiliencia das infraestruturas ferroviarias, así como en materia de cultura e sensibilización.
Con este Plan, Adif alíñase coas políticas e estratexias existentes tanto a nivel internacional, contribuíndo aos obxectivos do Acordo de París e ao ODS núm. 13 "Acción polo Clima", como a nivel europeo e nacional.
A información sobre os resultados en materia de loita contra o cambio climático recóllese tanto nos Informes de Xestión como nas Memorias Ambientais de Adif.
2050, o ano da neutralidade climática:Adif subscribiu o Compromiso de Responsabilidade Climática de 2019 da Unión Internacional de Ferrocarrís (UIC, polas súas siglas en francés) que ten como obxectivo aliñar a posición do sector cos novos retos en materia de loita contra o cambio climático, sendo máis ambiciosos ao establecer a meta de ser neutros en carbono en 2050.

Adif está adscrita a esta plataforma que naceu a partir do Acordo de París co obxectivo de fomentar que sociedade, empresas, administracións e organizacións actúen de xeito urxente fronte á crise climática, reducindo as súas emisións para lograr acadar o obxectivo de 1,5ºC respecto aos niveis preindustriais e a neutralidade en carbono para 2050.

Ademáis, participa no Clúster de Cambio Climático de Forética, plataforma empresarial de referencia en España que serve como punto de encontro para intercambiar experiencias e boas prácticas, así como para coñecer as últimas iniciativas e regulacións no ámbito do cambio climático, co propósito de impulsar e incrementar o compromiso climático das empresas.

Neste contexto, o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) convocou un Programa de axudas para actuacións de eficiencia enerxética no sector ferroviario cuxo obxecto era incentivar e promover a realización de actuacións no sector que reducisen as emisións de dióxido de carbono mediante a execución de proxectos de aforro e eficiencia enerxética, contribuíndo así aos obxectivos de redución do consumo final de enerxía final que establece a Directiva 2012/27/UE.
Na seguinte ligazón pode accederse á información principal dos proxectos que Adif e Adif Alta Velocidad presentaron ao citado Programa de axudas e que foron aprobados polo IDAE.
Programa de axudas para actuacións de eficiencia enerxética no sector ferroviario (FNEE)