Embárcate nunha nova viaxe

Ao teu dispor

Como entidade pública empresarial, adquirimos un compromiso cos cidadáns de que os nosos resultados e impactos contribúan, na maior medida posible, a mellorar a vida das persoas.Ese é o noso propósito último e o noso compromiso fundamental: traballar cada día, como xestores e administradores da rede ferroviaria, para contribuír a mellorar a vida da xente e a relación con todos vós e, por iso, o noso sitio web en Internet non podía quedar fóra.

Nesta web amosamos o que somos, que facemos e que ofrecemos, pero queremos conseguilo de xeito áxil e para iso baleiramos este escaparate para recompoñelo, presentalo dun xeito máis dinámico e dotalo de acceso a multitude de contidos.

Convidámoste a embarcarte nesta nova viaxe ao interior de Adif, a navegar por unhas novas páxinas que poñen ao teu dispor desde a "Declaración sobre a rede", o documento que expón as características da infraestrutura e contén información sobre as condicións de acceso a ela, ata unha galería de imaxes, sen esquecer os servizos que poden atoparse nunha estación ou a información en tempo real das circulacións ferroviarias, entre outros moitos contidos.

Queremos achegar todo Adif aos nosos visitantes e para conseguilo poñemos á túa disposición, ademais do menú de navegación e unha páxina de inicio clásicos, outras adicionais onde localizar máis facilmente o que se está a procurar, xa sexa como persoas físicas ou como empresas e institucións. Os intereses de ambos perfís adoitan ser diferentes e pretendemos con isto que o acceso á información se realice no menor número de clics.

O noso sitio web ofreceu un servizo excelente durante case tres lustros, pero necesitaba adaptarse aos requirimentos dunha transformación dixital que xa é unha realidade, aos novos dispositivos e a maiores requirimentos de quen vos achegades a procurar información nas nosas páxinas.

Agradecemos a túa confianza e presentámosche unha nova páxina web capaz de adaptarse ás necesidades dos cidadáns e ofrecer, grazas á súa capacidade de evolución, os servizos que se nos vaian esixindo no futuro.