Autoestradas Ferroviarias

Buscando sinerxías entre modos de transporte

A busca de sinerxías entre modos de transporte está a contribuír ao desenvolvemento de servizos loxísticos integrais con solucións intermodais.

A Estratexia de Mobilidade Segura, Sostible e Conectada 2030, definida polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible propón na súa Liña de actuación 6.1 (Incremento efectivo do transporte ferroviario de mercadorías) o impulso ás Autoestradas Ferroviarias en España.

A Iniciativa Mercadorías 30 propón 6 Liñas de Actuación, unha delas (Liña 4.4) referente á posta en marcha de Servizos de Autoestradas Ferroviarias, nas que se definen as seguintes accións:
  • Definición e posta a disposición de corredores para servizos de autoestradas ferroviarias (AF 1)
  • Creación dunha oficina de apoio e asesoramento para a posta en marcha de servizos de Autoestradas Ferroviarias (AF 2)

Oficina de apoio e asesoramento para a posta en marcha de servizos de Autoestrada Ferroviaria

Obxectivos

  • Contribuír ao impulso das Autoestradas Ferroviarias conforme ás estratexias da U.E. e o Goberno de España cara á descarbonización e electrificación do transporte e o desenvolvemento das cadeas multimodais
  • Crear un portelo único que coordine e dea resposta de forma áxil a proxectos concretos presentados polos operadores loxísticos
  • Xerar certeza e dinamizar o interese do sector, orientando ás empresas na posta en marcha de novos servizos de transporte de Autoestradas Ferroviarias, tanto en ancho ibérico como estándar
Tren de mercancías con tolvas

Funcións

  • Facilitar información ao sector sobre os corredores prioritarios e a súa posta a disposición para implementar os servizos de Autoestrada Ferroviaria
  • Analizar as propostas de proxectos de servizos de Autoestrada Ferroviaria presentadas polos operadores
  • Validar as análises preliminares de viabilidade técnica e de rendibilidade económica, social e ambiental dos proxectos 
  • Orientar aos operadores para a tramitación de Solicitudes de Transporte Excepcional, adxudicación de capacidade, contratos de prestación de servizos en terminais, axudas, subvencións, …
  • Facer monitoraxe de todo o proceso até a posta en servizo da Autoestrada Ferroviaria
Contacto