Accesibilidade nas estacións

Consulta as medidas dispoñibles e as estacións con Adif Acerca

O servizo de asistencia Adif Acerca é o servizo de asistencia gratuíto que Adif ofrece aos viaxeiros con discapacidade ou mobilidade reducida de todas as empresas ferroviarias para facilitar o seu paso polas estacións, e a subida e baixada do tren.
Quen pode solicitar Adif Acerca

Os viaxeiros con discapacidade (motriz, visual, auditiva ou cognitiva) ou con mobilidade reducida (persoas maiores, persoas que porten carriños de bebé, mulleres embarazadas) que viaxen en tren de alta velocidade, longa ou media distancia, de calquera das empresas ferroviarias que operan na rede ferroviaria española.

 
Como, cando e onde solicitar Adif Acerca

Durante a compra do billete a través das canles de venda das empresas ferroviarias e presencialmente en 70 estacións de Adif. Despois da compra, pódese solicitar até trinta minutos antes da saída do tren nesas 70 estacións. Nas outras 76, con polo menos doce horas de antelación (ver listaxe de estacións completa).

A solicitude de asistencia para viaxes internacionais con orixe nalgunha das estacións con Servizo Adif Acerca e destino estacións de países de Europa pertencentes á Unión Internacional de Ferrocarrís (UIC) debe realizarse cunha antelación mínima de 48 horas á saída do tren en orixe a través do correo electrónico oca.asistenciapmr@adif.es ou no teléfono 917744040 en horario de 6:00 a 24:00 h.
Infografía con información sobre cómo solicitar el servicio Acerca descrita en el texto anterior.
Onde se presta Adif Acerca

Máis de 600 asistentes de mobilidade prestan o servizo Acerca en 146 estacións con tráfico de alta velocidade e media e longa distancia. Trátase de profesionais facilmente identificables grazas aos seus característicos uniformes de cor laranxa e formados para atender aos viaxeiros con discapacidade e mobilidade reducida.

Ademais, se é preciso, contan con medios mecánicos (cadeiras de rodas e plataformas elevadoras, entre outros), e con Svisual, un sistema de vídeo interpretación en lingua de signos (en 70 estacións).

Listaxe de estacións


Estacións con asistencia inmediata

Nas estacións con asistencia inmediata,se a solicitude de asistencia non se fixo no momento de comprar o billete, poderá realizarse cunha antelación mínima de 30 minutos á saída do tren.

A Coruña
Alacant-Terminal
Alcázar San Juan
Albacete Los Llanos
Alxeciras
Almería
Antequera-AV
Antequera-Santa Ana
Ávila
Badaxoz
Barcelona-Sants
Bilbao Abando-Indalecio Prieto
Burgos Rosa Manzano
Cáceres
Cádiz
Calatayud
Camp de Tarragona
Cartagena
 
Castelló de la Plana
Ciudad Real
Córdoba
Cuenca Fernando Zobel
Figueres-Vilafant
Xixón-Sanz Crespo
Girona
Granada
Guadalajara-Yebes
Huelva
Huesca
Irun
Jaén
Jerez de la Frontera
León
Linares-Baeza
Lleida-Pirineus
Logroño
Lugo
Madrid-Atocha Cercanías
Madrid Chamartín Clara Camp. 
Madrid-Príncipe Pío
Madrid P. Atocha-A. Grandes
Málaga María Zambrano
Mérida
Miranda de Ebro
Monforte de Lemos 
Murcia del Carmen
Orihuela Miguel Hernández
Ourense
Oviedo
Palencia
Pamplona
Pontevedra
Puente Genil-Herrera
Puertollano
 
Salamanca
San Fernando-Bahía Sur
San Sebastián/Donostia
Santander
Santiago de Compostela
Segovia-Guiomar
Sevilla Santa Justa
Tarragona
Teruel
Toledo
Valencia Joaquín Sorolla
Valencia-Estació del Nord
Valladolid Campo Grande
Vigo Urzaiz
Vitoria/Gasteiz
Zaragoza Delicias

Estacións con reserva

Nas estacións con reserva ou cita previaa asistencia deberá solicitarse a través do operador con polo menos 12 horas de antelación á viaxe.

A Gudiña Porta de Galicia
Almansa
Arévalo
Astorga
Avilés
Balsicas Mar Menor
Barcelona estació de França
Benicarlo Peñíscola
Benicassim
Bobadilla
Briviesca
Calahorra
Callosa de Segura-Cox
Castejón de Ebro
Campus Universidad Rabanales
Cortes de Navarra
Cullera
Daimiel
Elda Petrer
Elx AV
Espeluy
Ferrol
Figueres
Flaça
Gandía
La Palma del Condado
L'Aldea Amposta Tortosa
Lebrija
Loja
Manzanares
Mataporquera
Medina del Campo
Medina del Campo AV
Mieres Puente
Montijo
Navalmoral de la Mata
O Barco de Valdeorras
Oropesa de Toledo
Peñaranda de Bracamonte
Plasencia
Ponferrada
Salou Port Aventura
Portbou
Puerto de Santa María
Redondela AV
Requena Utiel
Reus
Ronda
Sagunt
Sahagún
Sanabria AV
Sarriá
Socuéllamos
Soria
Tafalla
Talavera de la Reina
Torredembarra
Torrelavega
Tortosa
Tudela de Navarra
Valdepeñas
Veguellina
Vigo Guixar
Vilagarcía de Arousa
Villacañas
Villalba de Guadarrama
Villanueva de Córdoba
Villanueva de la Serena
Villarrobledo
Villasequilla
Villena
Villena AV
Vinaros
Xátiva
Zamora
Zumárraga

Servizo Adif Acerca certificado por AENOR

Ver certificado

Política de Accesibilidade Universal aplicada ao servizo Adif acerca

Acceder á Política de accesibilidade universal

Protección de datos no tratamento de enquisas de satisfacción

Cláusula informativa para o tratamento de datos persoais.
Tratamento: Prestación do servizo e ofrecemento de enquisas de satisfacción "Adif acerca".

Cláusula informativa

Consulta a nosa política de protección de datos
Adif Acerca, en cifras
793.284 asistencias
en 2024
+600 asistentes
de mobilidade 
146 estacións
de Adif e Adif AV
8,7 puntos sobre 10
de cualificación ao servizo

Estacións accesibles e modernas

A accesibilidade universal é unha das liñas de actuación básicas na prestación dos servizos ferroviarios. Así, os plans de mellora e modernización nas estacións contribúen a cumprir o obxectivo de Adif de facer das infraestruturas e instalacións ferroviarias un espazo de cada vez maior valor para a cidadanía, xerador de benestar, progreso e cohesión social.