Atención a afectados por atropelos

Servizo de atención telefónica a vítimas e familiares por atropelo.

Adif ten a misión de xestionar un sistema de infraestruturas seguro, eficiente e sostible. É por iso que traballa para mellorar a seguridade nos cruzamentos de vías minimizando accidentes e atropelos en calquera punto da rede ferroviaria. 

As especiais características que adoitan ter os atropelos ferroviarios, polas súas consecuencias graves para as persoas, tanto as vítimas destes accidentes como aos seus familiares, requiren por parte da empresa unha atención personalizada que resolva todas as dúbidas que poidan xurdir logo dun atropelo, guiando ás vítimas ou aos familiares en todo o proceso de información e posibles coberturas de seguros ás que poidan ter dereito.

Con esta premisa, Adif elaborou un procedemento para a atención integral ás vítimas de atropelos e aos seus familiares cuxo obxectivo é minimizar a incerteza xerada ante un atropelo na infraestrutura ferroviaria, ofrecendo unha asistencia personalizada que garanta unha adecuada atención e apoio, facilitando a información sobre as prestacións que Adif ten para estes casos, así como a xestión das solicitudes que presenten o afectado ou os seus familiares, en relación co atropelo no que se viu implicado.
Atención a vítimas e familiares por atropelo
24 horas ao día os 365 días do ano

Características do servizo

Adif recollerá os datos persoais e de contacto da persoa que solicita o servizo. Nun prazo non superior a 3 días laborais, un interlocutor de Adif porase en contacto coa persoa que efectuou a chamada para informala dos trámites e xestións que suxira o afectado ou familiar, ata 2º grao de consanguinidade ou afinidade, acompañando e asesorando á vítima ou familiar durante todo o proceso.