Información de relevancia xurídica

Funcións e normativa básica

Compromiso de responsabilidade
Adif é responsable da xestión dunha parte importante dos investimentos en infraestruturas ferroviarias e da administración da Rede Ferroviaria de Interese Xeral do Estado. Adif réxese de forma xeral pola Lei do Sector Ferroviario.

Adif exerce un papel principal como dinamizador do sector ferroviario, facilitando o acceso á infraestrutura en condicións de igualdade. Ten como obxectivo potenciar o transporte ferroviario español mediante o desenvolvemento  e a xestión dun sistema de infraestruturas seguro, eficiente, sostible desde o punto de vista ambiental, e con altos estándares de calidade.


Adif asume:

  • A administración de infraestruturas ferroviarias (vías, estacións, terminais de mercadorías, etc.).
  • A xestión da circulación ferroviaria.
  • A adxudicación de capacidade aos operadores ferroviarios.
  • A percepción de canons polo uso da infraestrutura, estacións e terminais de mercadorías.
Todo iso desde o compromiso de responsabilidade social cos cidadáns. Unha Responsabilidade Social que se fundamenta en principios éticos relacionados coa xestión e co papel da empresa na sociedade. Ten como eixo fundamental a transparencia e o diálogo cos Grupos de Interese; e a súa finalidade última é contribuír á sostibilidade do desenvolvemento que propicia a nosa actividade, desde unha perspectiva integral.

Normativa aplicable

Esta página ha sido actualizada a fecha 30 de junio de 2025