Quen somos

Descubre máis sobre o noso equipo

Somos unha entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible. En Adif exercemos un papel principal como dinamizador do sector ferroviario, facendo do ferrocarril o medio de transporte por excelencia e facilitando o acceso á infraestrutura en condicións de igualdade. Tendo en conta que esta é a nosa actividade principal e asumindo o marco legal que nos é de aplicación, concretamos os nosos principios en sete puntos:
 
  1. Inclusión e xustiza.
  2. Prosperidade das persoas.
  3. Excelencia no servizo.
  4. Igualdade e transparencia.
  5. Responsabilidade cos recursos.
  6. Innovación e intraemprendemento.
  7. Capacidade de transformación.

Coñécenos

Luis Pedro Marco de la Peña
Presidente da E. P. E. Administrador de Infraestruturas Ferroviarias. Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidade de Cantabria
Órganos de goberno
Estrutura organizativa

Qué hacemos

En Adif temos como principais funcións a construción e xestión de infraestruturas ferroviarias, a administración da capacidade da rede e a regulación da circulación de trens. O noso compromiso é garantir un servizo eficiente, seguro e sostible, fomentando un sistema ferroviario vertebrador e accesible.

Funcións clave

  • Administración
    Administramos as infraestruturas ferroviarias e a súa construción.
  • Circulación
    Xestionamos a circulación ferroviaria, 1 800 563  de trens en 2024.
  • Adxudicación
    Adxudicamos a capacidade de infraestrutura aos candidatos.
  • Canons
    Determinamos os canons por utilización das infraestruturas ferroviarias.

Como o facemos

O Plan Estratéxico de Adif e Adif AV 2030é a guía de referencia e chave do futuro que brinda a planificación e as ferramentas que Adif e Adif AV deberemos implementar durante os próximos dez anos para facer fronte aos desafíos e retos que tanto a situación exterior como o contexto interno das compañías deben afrontar.

O Plan construíuse coa participación de todas as Direccións Xerais de ambas as dúas entidades para conseguir unha visión conxunta e colaborativa. Grazas ao PE2030, todos xuntos afrontamos os 1+10+1 desafíos e preparámonos para afrontar e anticiparnos aos novos retos que están por vir: as tendencias tecnolóxicas que xa forman parte da nosa realidade, os novos modelos de consumo e de vida, as preocupacións necesarias para a mitigación dos efectos do cambio climático, o cumprimento dos marcos normativos e, en definitiva, unha situación de mercado cada vez máis esixente, tensa e volátil.

O Informe de Xestión Anual explica o comportamento da compañía en base aos alicerces establecidos polo Plan Estratéxico 2030. Nel avalíase o cumprimento de obxectivos de plans e programas.
  • Visión

    Somos un referente como organización focalizada en la gestión de infraestructuras resilientes, sostenibles, seguras e inteligentes que contribuyan al nuevo modelo de transición ecológica.

  • Misión

    Operamos, gestionamos y construimos una red ferroviaria inteligente adaptada al nuevo ecosistema tecnológico, competitivo y sostenible, contribuyendo de esta forma a los ODS.

  • Ambición y propósito

    Ofrecemos infraestructuras resilientes para toda la sociedad y operamos una red ferroviaria comprometida con los ODS.

Registro de actividades de tratamiento de datos personales

De conformidade co artigo 30 do RXPD e o artigo 31.2 da LOPDGDD, contamos cun rexistro de actividades de tratamento de datos persoais que realizamos, identificando, entre outra información, quen trata os datos, con que finalidade e que base xurídica o lexitima.

Poden consultarse a continuación:

Tamén che pode interesar