FEDER Xestión e Seguimento

Programa Operativo Plurrexional de España FEDER 2021-2027

No P.O. Plurirrexional de España 2021-2027 prevese que a Autoridade de Xestión delegue determinadas funcións das contempladas no artigo 72 do Regulamento (UE) Nº 1060/2021 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021 en Organismos Intermedios, previa designación formal.

Neste sentido, Adif realizará as funcións do Organismo Intermedio para a xestión das axudas procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) adicados a actuacións de Adif e Adif Alta Velocidad baixo a responsabilidade da Autoridade de Xestión no Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2021-2027 dentro dos seguintes Obxectivos Políticos establecidos no Regulamento UE 1060/2021 de Disposicións Comúns dos Fondos:

Obxectivo Político 2 “unha Europa máis verde, baixa en carbono, en transición cara unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación e adaptación ao cambio climático, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sostible."

Prioridade P2.B Mobilidade urbana:

  • OE 2.8 o fomento da mobilidade urbana multimodal sostible como parte da transición cara unha economía con cero emisións netas de carbono.

Obxectivo Político 3 “unha Europa máis conectada, mellorando a mobilidade”.

Prioridade P 3.A Mobilidade:

  • OE 3.1 o desenvolvemento dunha RTE-T resistente ao cambio climático, intelixente, segura, sostible e intermodal.