Sostenibilidad Social
Adif comprométese a promover as condicións necesarias para unha efectiva igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, así como a desterrar calquera tipo de discriminación, xa sexa por razón de sexo, orientación ou identidade sexual, discapacidade, idade, orixe étnica ou calquera outra circunstancia persoal ou social.
Este reto é prioritario no ámbito da xestión de persoas, a cultura corporativa e o compromiso social da entidade. O motor de Adif son as persoas, como reflicte o Plan Estratéxico 2030, e acadar a plena igualdade e a diversidade é un dos desafíos que se marcou a empresa. Por motivos históricos e sectoriais, Adif é unha empresa cun cadro de persoal maioritariamente masculino. Aínda que a representación feminina vai medrando, faino máis amodo do que á entidade lle gustaría. O obxectivo é acelerar o ritmo para que a brecha de xénero sexa cada vez menor, especialmente en determinadas profesións, e continuar coa tendencia xa iniciada de incrementar o liderado feminino.
Iniciativas
Adhesión ao Manifesto Millas pola Igualdade de Oportunidades no sector da mobilidade.
Participación na Rede Empresarial pola Diversidade e Inclusión LGTBI (REDI) Ligazón externa ao portal.Abrirase nunha pestana nova.