A Entidade pública empresarial Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) crea e actualiza a páxina web identificada co nome ou dominio www.adif.es, a fin de que a información que contén sexa de uso público. O acceso e navegación por esta páxina web supón o coñecemento e aceptación sen reservas de toda a información legal e condicións de utilizació n da mesma. As presentes condicións xerais teñen por obxecto regular o acceso, navegación e uso desta páxina web. Non obstante, independentemente destas, Adif poderá establecer unhas condicións particulares que regulen esa utilización. En caso de existir discrepancia sobre o estipulado entre as condicións xerais e as condicións particulares que no seu caso se establezan, prevalecerá o disposto nestas últimas.
Este aviso legal regula o uso do servizo do portal de Internet www.adif.es que a Entidade pública empresarial Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) pon a disposición dos usuarios de Internet. ADIF configúrase como un organismo público dos previstos no artigo 103.1 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, adscrito ao Ministerio de Fomento. Goza de personalidade xurídica propia, plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins e patrimonio propio. Réxese polo establecido na Lei 38/2015, de 29 de setembro, do Sector Ferroviario, na Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, nas normas de desenvolvemento de ambas, polo seu Estatuto, aprobado polo Real Decreto 2395/2004, de 30 decembro e na lexislación orzamentaria e demais normas que lle sexan de aplicación. En defecto destas normas, aplicaráselle o ordenamento xurídico privado. Así mesmo, seralle de aplicación a ADIF o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, cando exerza potestades administrativas e no relativo á formación de vontade dos seus órganos. Datos de contacto e ADIF:Enderezo: Calle Sor Ángela de la Cruz, 3. 28020 (Madrid). N.I.F.: Q-2801660-H Correo electrónico: comunicacionweb@adif.es De conformidade co disposto no artigo 53, relativo aos dereitos do interesado no procedemento administrativo, da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, toda comunicación, reclamación ou solicitude que garde relación con actos de natureza administrativa ou que se deriven do exercicio de potestades administrativas da Entidade pública empresarial ADIF, deberán dirixirse: a) En man, ou a través de correo ordinario/certificado, directamente ao Rexistro Xeral que ADIF ten a disposición dos cidadáns nas súas oficinas sitas na c/Sor Ángela de la Cruz, 3-7ª Planta, 28020 - Madrid, no horario que, a seguir, se detalla: Horario do Rexistro Xeral:
b) Ou a través da Sede Electrónica de ADIF https://sede.adif.gob.esOs enderezos de correo electrónico que figuran ou aparecen no portal de Internet www.adif.es non constitúen unha canle para a remisión das comunicacións, reclamacións ou solicitudes indicadas anteriormente, de xeito que calquera comunicación, reclamación ou solicitude que garde relación con actos de natureza administrativa ou que se derive do exercicio de potestades administrativas dirixida a ADIF a través dos devanditos enderezos de correo electrónico deberá ser presentada para a súa tramitación a través do Rexistro Xeral ou Sede Electrónica, a fin de garantir a súa constancia e correcta tramitación. c) A través do Punto de Acceso Xeral: administración.gob.es co código DIR EA0003338.
ADIF realiza os máximos esforzos para evitar calquera erro nos contidos que puidesen aparecer neste sitio web. ADIF non garante a exactitude nin a posta ao día da información que se poida obter nel, que poderá ser modificada sen aviso previo. ADIF non asume ningunha responsabilidade derivada do uso por terceiros do contido deste sitio. Todas as informacións contidas no sitio web www.adif.es teñen unicamente carácter informativo. A información que se ofrece non é necesariamente exhaustiva, completa, exacta ou actualizada. En caso de licitacións e textos legais, non se garante a reprodución exacta do texto adoptado oficialmente. Unicamente se consideran auténticos os textos publicados nas edicións impresas dos boletíns oficiais correspondentes. A información facilitada por ADIF é de carácter xeral e non supón asesoramento profesional ou xurídico ningún. ADIF realizará os seus mellores esforzos para que o Portal non sufra interrupcións, pero non pode garantir a ausencia de fallos tecnolóxicos, nin a permanente dispoñibilidade do Portal e dos servizos contidos nel e, en consecuencia, non asume ningunha responsabilidade polos danos e perdas que se poidan xerar pola falta de dispoñibilidade e polos fallos no acceso ocasionados por desconexións, avarías, sobrecargas ou caídas da rede non imputables a ADIF. ADIF non garante a ausencia de virus ou outros elementos que poidan alterar o seu sistema informático. ADIF exclúe calquera responsabilidade por danos e perdas de calquera natureza derivados dos devanditos virus ou elementos lesivos.
Con carácter xeral, o acceso ás utilidades do sitio web non esixe a subscrición ou rexistro previo do usuario. Non obstante o anterior, o acceso a algún dos servizos que se ofrezan a través do sitio web pode esixir que o usuario cubra primeiro un formulario de subscrición. Para estes efectos, o usuario garante a autenticidade e veracidade de todos aqueles datos que comunique ao cubrir o/os formulario/s de subscrición. O usuario comprométese e responsabilízase a manter toda a información facilitada de forma que responda, en cada momento, á súa situación real. Se, como consecuencia do rexistro, se lle proporcionase un contrasinal ao usuario, este comprométese a facer un uso dilixente e a manter en segredo o contrasinal para acceder a estes servizos. En consecuencia, os usuarios son responsables da adecuada custodia e confidencialidade de calquera identificador e/ou contrasinal que lle sexa subministrado por ADIF, e comprométense a non ceder o seu uso a terceiros, xa sexa temporal ou permanente, nin a permitir que persoas alleas accedan a el. Será responsabilidade do usuario a utilización ilícita dos servizos por calquera terceiro ilexítimo que empregue para tal efecto un contrasinal a causa dunha utilización non dilixente ou da perda do contrasinal polo usuario.
Información básica sobre protección de datos. Para acceder a algún dos servizos ofrecidos a través do sitio web www.adif.es, os usuarios deberán proporcionar previamente algúns datos de carácter persoal. De conformidade co establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 (RXPD), informamos que os datos persoais facilitados serán tratados por ADIF coa finalidade de posibilitar o acceso aos servizos ofrecidos a través da paxina web www.adif.es. A base que lexitima o tratamento dos datos persoais é o interese público ou o exercicio de poderes públicos. Non se cederán datos a terceiros, salvo obrigación legal. ADIF, como responsable do tratamento destes datos, adoptará as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal proporcionados, evitando a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. ADIF tratará estes datos conforme as condicións determinadas neste apartado e con suxeición ao establecido nas condicións particulares do correspondente servizo. Asimesmo, infórmase que os usuarios poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición e limitación perante ADIF na forma legalmente prevista, dirixindo a súa petición ao enderezo. dpd.adif@adif.es ou por correo postal en Calle Sor Ángela de la Cruz, 3-7ª Planta, 28020 - Madrid acompañando fotocopia do seu DNI ou pasaporte.
Todos os contidos do sitio web www.adif.es, incluíndo (sen carácter limitativo) bases de datos, imaxes e fotografías, patentes, debuxos, gráficos, ficheiros de texto, audio, vídeo e software, son propiedade de ADIF ou dos provedores de contidos (sendo neste último caso obxecto de licenza ou cesión por parte dos mesmos), e están protexidos polas normas nacionais ou internacionais de propiedade intelectual e industrial. A compilación, entendéndose como tal a recompilación, o deseño, a ordenación e a montaxe de todo o contido do sitio web www.adif.es, é propiedade exclusiva de ADIF e está protexida polas normas nacionais e internacionais de propiedade industrial e intelectual. Todo o software utilizado nas pantallas, a navegación, o uso e o desenvolvemento do sitio web www.adif.es é propiedade de ADIF ou dos seus provedores de software e está protexido polas leis nacionais e internacionais de propiedade industrial e intelectual. As marcas, rótulos, signos distintivos ou logotipos de ADIF que aparecen no sitio web www.adif.es son titularidade de ADIF e están debidamente rexistrados. Todos os textos, datos, debuxos gráficos, vídeos ou soportes de audio que aparecen no sitio web www.adif.es son propiedade de ADIF ou das entidades provedoras de información, polo que non poden ser obxecto de ulterior modificación, copia, alteración, transformación, reprodución, adaptación ou tradución por parte do usuario ou de terceiros sen autorización expresa dos titulares dos devanditos contidos. A posta a disposición dos usuarios para o seu uso das bases de datos, debuxos, gráficos, imaxes e fotografías, ficheiros de texto, audio, vídeo e software, propiedade de ADIF ou dos seus provedores, que figuran no sitio web www.adif.es non implica, en ningún caso, a cesión da súa titularidade ou a concesión dun dereito de explotación a favor do usuario distinto do dereito de uso que comporta a utilización lexítima e acorde coa natureza do sitio web. Queda terminantemente prohibido calquera uso dos contidos do sitio web www.adif.es, dos servizos e, en xeral, de todos os dereitos mencionados nos parágrafos anteriores que se realice sen a autorización de ADIF, incluída a súa explotación, reprodución, difusión, transformación, distribución, transmisión por calquera medio, posterior publicación, exhibición, comunicación pública ou representación total ou parcial que, de producírense, constituirán unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual de ADIF, sancionable pola lexislación vixente.
Os usuarios ou titulares doutros sitios web que pretendan crear unha ligazón de hipertexto (en adiante “ligazón”) ao sitio web www.adif.es deberán asegurar e comprometerse ao respecto das condicións sobre ligazóns na Rede fixadas por ADIF e que, a continuación, se relacionan:
En calquera caso, a inclusión de ligazóns do sitio web www.adif.es por parte doutros sitios web non implica que ADIF manteña vínculos ou asociación de ningunha clase co titular da web en que se estableza esa ligazón, nin que ADIF promocione, avale, garanta ou recomende os contidos dos devanditos portais de Internet ou sitios web. Por outra banda, o sitio web www.adif.es pode conter vínculos ou ligazóns con outros portais ou sitios web non xestionados por ADIF, en cuxo caso ADIF rexeita toda responsabilidade pola información contida nos devanditos portais de Internet ou sitios web aos que se poida acceder por apuntadores de hipertexto, ligazóns ou buscadores desde o sitio web de ADIF. A presenza de apuntadores de hipertexto ou ligazóns no sitio web www.adif.es ten unha finalidade meramente informativa, polo que, tanto expresa como implicitamente, ADIF non se responsabiliza nin garante os contidos de ningunha natureza respecto de:
ADIF resérvase o dereito a denegar discrecionalmente, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, o acceso de calquera usuario ao sitio web www.adif.es ou a algunha parte del.
O uso dos elementos do sitio web www.adif.es implica a aceptación das advertencias legais aquí expresadas e, en especial, de que os conflitos relativos a este sitio se han rexer exclusivamente polo Dereito español, de xeito que só os xulgados e tribunais españois serán competentes.
ADIF resérvase o dereito a modificar as condicións e advertencias aplicables ao sitio web www.adif.es
ADIF esforzarase en manter a dispoñibilidade continuada do seu sitio web. Non obstante, calquera modalidade de operación de proba, control e mantemento, será libremente elixida e realizada por ADIF en calquera momento, sexan cales sexan os procedementos e medios empregados para a levar a cabo. ADIF resérvase o dereito a modificar as capacidades de transmisión, seguimento ou outros medios ou servizos técnicos utilizados para o acceso ou utilización do sitio web www.adif.es. ADIF poderá suspender de forma temporal ou definitiva os servizos, sen que isto xere ningún tipo de indemnización en favor do usuario, cando concorra calquera das seguintes circunstancias:
ADIF poderá dar por pechado o uso do sitio web, sen necesidade de ningún aviso previo ao usuario, nos seguintes supostos: