Seguridade integral

Ámbito de actuación

Temos presente a seguridade integral, sendo conscientes de que alcanza a todas e cada unha das nosas actividades mediante a mellora de procedementos e a aplicación de novos métodos e tecnoloxías:
 
  • Seguimos a despregar iniciativas encamiñadas á mellora da seguridade integral: operacional, ambiental, protección civil, saúde laboral, ciberseguridade…
  • Melloramos a protección das nosas instalacións axudados polo emprego de novas tecnoloxías.
  • Continuamos coa política de máxima seguridade para as persoas con políticas de prevención, incluídos tanto usuarios como empregados.
  • Aumentamos as medidas de protección e seguridade dos sistemas con novos mecanismos propios da ciberseguridade.
  • Afondamos na protección ambiental aumentando e mellorando medidas preventivas.