Sostibilidade Social

Promoción da igualdade de xénero e da diversidade

Adif asume un forte compromiso empresarial coa igualdade de xénero, situándoa dentro das súas prioridades no ámbito da xestión de persoas, a cultura corporativa e o compromiso social.

En Adif, estamos a traballar de xeito decidido para eliminar barreiras e conseguir a igualdade plenamente efectiva co horizonte 2030. As mulleres están insuficientemente representadas en todos os colectivos profesionais, especialmente nos postos relacionados con funcións operativas vencelladas a profesións historicamente masculinizadas; pero tamén están subrepresentadas, aínda que significativamente menos, en postos de estrutura de dirección, onde as mulleres apenas alcanzan o 21% do total de profesionais de Adif

A aposta por unha empresa diversa e inclusiva, na que a igualdade sexa unha realidade, materialízase nas seguintes iniciativas: