Sostibilidade e Medio
Xestión da contaminación de solos
Aseguramos o cumprimento legal en materia de contaminación do solos
Actualmente, o marco xurídico vixente mediante o cal se determinaban as obrigas que afectan aos titulares de solos nos que teñan ou tiveran lugar actividades potencialmente contaminantes atópase no Título V da Lei 22/2011. Pola súa banda, o Real decreto 9/2005 e a Orde PRA/1080/2017 establecen a relación de Actividades Potencialmente Contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración dos solos contaminados.
Baséandose na relación de Actividades Potencialmente Contaminantes establecida, Adif-AV vén realizando nas súas instalacións unha serie de actuacións en solos potencialmente contaminados relacionados cunha contaminación histórica das súas instalacións.
As accións a acometer nos distintos emprazamentos defínense en función da situación detectada nos programas de control ambiental que permitan previr e detectar cambios nas condicións ambientais dos solos. En función diso, determínanse as necesidades, sendo necesario actualizar os estudos de caracterización, realizar unha valoración de riscos ou executar proxectos de reparación.