Información económica e de xestión

Subtítulo sit amet consectetur adipiscing elit.

Título

Nesta páxina móstrase a información relativa a:

  • Contas anuais e informe de auditoría.
  • Informe relativo ao Cumprimento das Obrigacións de Carácter Económico-Financeiro previsto no artigo 129.3 da Lei Xeral Orzamentaria dos distintos exercicios anuais.
  • Informe de Xestión (inclúe a o Estado de Información Non Financeira, EINF)
  • Informe de Memoria Ambiental.
  • Informe Anual do Goberno Corporativo.
  • Datos de trens por quilómetro. Redes de Adif e Adif AV.

Contas Anuais, Informes de Auditoría e outra información Económico-Financeira.

Informe de Xestión (inclúe o Estado da Información Non Financeira, EINF)

Adif é un organismo público, integrado no sector público institucional, e en canto á súa actuación, a entidade está sometida aos principios xerais de legalidade, eficiencia, estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, así como ao principio de transparencia na súa xestión.

A Lei 11/2018 do 28 de decembro, en materia de divulgación non financeira, pola que se traspón ao ordenamento xurídico nacional a Directiva 2014/95/UE, obriga ás grandes empresas e entidades de interese público que, nas súas datas de peche do balance, superen o criterio dun número medio de empregados superior a 500 durante o exercicio e se cualifiquen como grandes  (volume de negocio de 40 M €; activos por valor de 20 M €), a incluír no Informe de Xestión un Estado da Información Non Financeira (EINF). Este reporte deberá conter información relativa, como mínimo, a cuestións ambientais, sociais e de bo goberno (ASG), así como as relativas ao persoal, ao respecto dos Dereitos Humanos e á loita contra a corrupción e o suborno.

O fin último da información non financeira é a creación de valor para os nosos grupos de interese, de aí a importancia do Reporting de sustentabilidade no ámbito empresarial, baseado na transparencia sobre cuestións ASG que van máis aló das cuestións financeiras.
No apartado de Gobernanza dentro da sección de Sustentabilidade desta web pódese ampliar información acerca dos aspectos relevantes en materia de bo goberno e transparencia que rexen a actuación da organización, así como una breve reseña acerca dos Informes de Xestión.

Informes de Memoria Ambiental

Dispoñibles na sección de Sustentabilidade e Medio Ambiente:

Informe Anual do Goberno Corporativo

Datos de trens por quilómetro. Redes de Adif e Adif Alta Velocidade

Outubro 2022. Boletín mensual con datos trens por quilómetro.
Evolución do tráfico ferroviario, medido como trens por quilómetro (utilización da liña ferroviaria por un tren ao longo dun quilómetro) de maneira comparativa mensual e acumulada.