Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Subtítulo sit amet consectetur adipiscing elit.

O Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia inclúese dentro do instrumento temporal NextGenerationEU aprobado polo Parlamento Europeo e o Consello para estimular a recuperación.

O Plan xira arredor de catro eixes principais:transición ecolóxica, transformación dixital, cohesión social e territorial e igualdade de xénero.Estes eixes orientan dez políticas panca que recollen trinta compoñentes que artellan os programas de investimentos e Adif e Adif AV están implicados en dous:

- Compoñente 1 "Plan de choque de mobilidade sostible, segura e conectada en medios urbanos e metropolitanos".  
Investimentos en infraestruturas de Cercanías ferroviarias ("Actuacións de mellora da calidade e fiabilidade no servizo de Cercanías ferroviarias").

- Compoñente 6 "Mobilidade sostible, segura e conectada".
Investimentos en actuacións dirixidas á construción de novas infraestruturas ferroviarias nos Corredores Atlánticos e Mediterráneo e á modernización e mellora das xa existentes ("Rede Transeuropea de transporte: Corredores europeos").
Investimentos en actuacións nas infraestruturas ferroviarias RTE-T non incluídas nos corredores da rede básica ("Rede transeuropea de transporte: Outras actuacións").
Investimentos en accións para o desenvolvemento de terminais intermodais e loxísticas estratéxicas e acceso a portos ("Intermodalidade e loxística").