Que facemos

A innovación, motor de Adif

Desde o inicio da súa actividade, a innovación e a investigación son para Adif aspectos da máxima importancia. A nosa visión da innovación céntrase no usuario para atender as necesidades da sociedade e exercer un efecto tractor no sector industrial que estimule a participación de empresas, empresas emerxentes, universidades e centros tecnolóxicos, orientándoos ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas para os nosos retos.
Responsive Image

Adif actúa ademais como promotor da I+D+i, estimulando novos desenvolvementos que poden engadir valor ao ferrocarril. Procurando sempre novas formas de innovar máis eficaces e eficientes, pasamos da innovación colaborativa á innovación aberta na procura de posibles solucións ás nosas necesidades. A innovación aberta baséase na detección de necesidades e o intraemprendemento, a vixilancia tecnolóxica e a colaboración do ecosistema de innovación, unido ao apoio financeiro de Adif e o cofinanciamento dos programas de impulso á innovación nacionais e europeos, buscando sistematicamente a mellora continua.

Tamén adoptamos novas formas de interactuar cos axentes do contorno innovador para que a comunicación con eles sexa fluda, bidireccional e produtiva. Unha que xa experimentamos cun éxito notable éconsulta preliminar ao mercado, que permite formular un reto e recibir propostas con vistas a unha posible licitación.

O esforzo innovador de Adif maniféstase no número e na natureza dos proxectos que desenvolvemos, no volume económico dos nosos investimentos e na transferencia á explotación dos resultados da innovación. Desde 2006 desenvolvemos máis de 150 proxectos de I+D+i, con 84 demostradores probados nun ambiente real, 31 probas na infraestrutura e un índice de transferencia do 37 por cento.

Activos intanxibles

77 rexistros de propiedade industrial

28 patentes: 20 nacionais, 3 europeas e 5 internacionais
6 modelos de utilidadenacionais
41 marcas: 33 nacionais, 6 comunitarios e 2 internacionais
2 deseños industriais

154 rexistros de propiedade intelectual

7 audiovisuais
18 aplicacións de soporte lóxico
56 manuais
63 especificacións técnicas

17 licenzas de explotación vixentes

11 de propiedade industrial
6 de propiedade intelectual
Adif conseguiu implantar en España e tamén no estranxeiro, 7 grandes innovacións que hoxe forman parte da explotación ferroviaria.
 

Novos retos

Un dos retos que se presentan actualmente refírese ao apoio que a innovación pode supoñer no proceso de liberalización do sector. Para iso, hai que afondar na evolución das estacións, introducindo novas tecnoloxías para optimizar o modelo multioperador. Na operación, as expectativas están vencelladas ao aumento de prestacións na infraestrutura, a seguridade, a eficiencia enerxética, a redución de custos ou aumento da capacidade. Trátase de ofrecer as prestacións e as condicións que os usuarios e os operadores demandan, cos niveis de seguridade, servizo e sustentabilidade necesarios para que o ferrocarril siga a ser un medio de transporte eficiente, hoxe e no futuro.

Para impulsar estas actividades de investigación, desenvolvemento e innovación, Adif en ocasións recorre a distintos instrumentos de financiamento e axudas á I+D+i que reportan beneficios económicos ou de incremento dos activos de Adif dedicados á actividade innovadora.

As opcións financeiras destes instrumentos son diversas, adoptando formas de subvencións ou axudas parcialmente reembolsables, mesmo tomando corpo a opción de Compra Pública Innovadora (CPI), tanto de tecnoloxía innovadora (CPTI) como en modalidade precomercial (CPP).A selección entre as diferentes posibilidades responde aos niveis de risco do proxecto e de madurez tecnolóxica que deben acadar os seus resultados, así como ao volume a financiar total de cada acción, respecto ás convocatorias abertas.

Nas axudas nacionais está a primar, entre outras, a selección das coordinadas ou canalizadas a través do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), Entidade Pública Empresarial dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación que promove a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas españolas.

No caso das axudas internacionais hai opcións máis diversas.Malia que o CDTI desempeña un determinado papel na canalización das axudas FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) para determinadas liñas de innovación, tamén se teñen en conta as chamadas de diferentes convocatorias de cada programa marco europeo de I+D+i, nos últimos anos na figura de Horizonte Europa e as súas colaboracións asociadas, como o caso de Shift2Rail.Nos casos de innovación ligados á interoperabilidade ferroviaria tamén hai opcións de captar fondos CEF (Mecanismo Conectar Europa).

Os seguintes proxectos tamén contan con financiamento de fondos FEDER da Unión Europea e do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades:

A innovación e a estratexia 2030 do Adif

No Plan Estratéxico 2030 do Adif artéllanse os catro piares fundamentais na nosa actividade:seguridade, servizo, sostibilidade e orientación a resultados, apoiadas na comunicación, a innovación e a transformación dixital como pancas para acadar os obxectivos corporativos e afrontar os desafíos dun futuro no que o ferrocarril ten que ser protagonista.​

Neste panorama, a innovación define retos e propón solucións baseadas en conceptos como a mobilidade como servizo, infraestruturas intelixentes, mobilidade intelixente ou dixitalización. O piar de seguridade reúne solucións avanzadas para reducir riscos e elevar os estándares en toda a Rede Ferroviaria de Interese Xeral. O piar do servizo é un foco de atracción para as tecnoloxías ligadas ao desenvolvemento da estación do futuro e ao aumento do transporte de mercadorías por ferrocarril, con solucións tan innovadoras e versátiles como o Eixe de Ancho Variable para Mercadorías. A sostibilidade é o eixo arredor do cal se desenvolven proxectos relacionados coa eficiencia enerxética e as enerxías alternativas aplicadas ao ferrocarril, con proxectos nas áreas de electromobilidade, subestacións reversibles e o uso do hidróxeno como enerxía de tracción.

O marco de referencia escollido polo Adif para guiar a súa actividade de I+D+i inclúe tamén normativa de referencia española e europea:

  • Estratexia Española de Mobilidade Sostible (e o documento de debate para Estratexia de Mobilidade segura - sostible - conectada 2030), Plan de Infraestruturas, Transporte e Vivenda 2012-2024, Estratexia Española de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e Innovación, Folla de Ruta do Hidróxeno)
  • Programa Horizonte 2020, bases de Horizonte Europa 2021-2027, Libro Branco do Transporte 2011 (Comisión Europea)
  • Folla de Ruta do Ferrocarril 2050 (ERRAC)
  • Folla de Ruta do Hidróxeno, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Desafío Demográfico

Desde 2006, o Adif completou máis de cen proxectos de I+D+i en diferentes especialidades técnicas. 

 

Na seguinte ligazón pódese descargar un resumo:

Mapa de proxectos de I+D+i

 


Ligazóns relacionadas

Máis información sobre investigación, desenvolvemento e innovación ferroviaria
Empresas con licenza de uso
Relación de produtos con licenza e empresas titulares da licenza
Centro de Tecnoloxías Ferroviarias
Toda a información dunha instalación que está á vangarda tecnolóxica mundial do ferrocarril
Actualidade de I+D+i
Noticias sobre a innovación de Adif