Fotografía e traballos audiovisuais

en instalacións e dependencias de Adif

Nesta páxina dispón da información necesaria para a realización de fotografías ou traballos audiovisuais en estacións ou noutras instalacións de Adif.
  • Se o traballo que qesexas realizar é de carácter profesional ou para ofrecer un servizo audiovisual a unha empresa, por favor, le atentamente as indicacións que figuran a continuación.
  • Se, como afeccionado á fotografía e ao ferrocarril, desexas tomar fotos ou gravar vídeos para uso propio ou, en todo caso sen ánimo de lucro, consulta o apartado de Traballos persoais de afeccionados á fotografía e ao ferrocarril nesta mesma páxina.

Traballos de carácter profesional

Medios de Comunicación

Solicitude de autorización de gravación ou toma de fotografías para traballos con carácter exclusivamente informativo.

Datos a consignar na solicitude:

  • Nomes completos e número de DNI das persoas que vaian realizar o traballo.
  • Data prevista para a realización
  • Obxecto ou finalidade do traballo ou reportaxe
  • Teléfono e persoa de contacto
NOTA:A autorización terá validez unicamente para o período no que se vaia realizar o labor profesional nas instalacións ferroviarias correspondentes.
É imprescindible indicar o medio de comunicación para o que se solicita permiso para a realización do traballo.
Rodaxes cinematográficas ou televisivas, anuncios, documentais...

Solicitude de autorización para cidadáns ou empresas na realización de traballos profesionais ou de investigación (rodaxes cinematográficas ou televisivas, anuncios, traballos sobre tecnoloxía ferroviaria, etc.) que precisen gravacións ou toma de fotografías nas instalacións de Adif.

imagen párrafo
Catálogo de espazos para rodaxes

Adif conta con numerosas instalacións ferroviarias distribuídas por toda a península, desde modernas e innovadoras estacións de alta velocidade ata outras históricas cun ambiente especial outorgado polo paso do tempo.

Adif pon a disposición de todos os interesados un catálogo de espazos, mediante o cal pode buscarse por tipoloxía ou situación xeográfica a localización que se necesita para cada un dos seus proxectos.

Ademais dos espazos que recolle o catálogo, temos outras localizacións ferroviarias ou xerais, como soares, naves, edificios, etc. que se poderían empregar en proxectos audiovisuais

Coordinación e xestión con outras empresas relacionadas co ferrocarril

A Fundación dos Ferrocarrís Españois tamén dispón de localizacións de singular interese para rodaxes, eventos e traballos audiovisuais, como son os seus museos ferroviarios, os trens que se aloxan neles e o Palacio de Fernán Núñez.
Outros contactos
Museo do Ferrocarril de Madrid
Rodaxes e Eventos
Museo do Ferrocarril de Madrid
Rodaxes con material rodante histórico
Museo do Ferrocarril de Cataluña
Rodaxes e Eventos.
Palacio Fernán Núñez
Rodaxes e Eventos.

Traballos persoais de afeccionados á fotografía e ao ferrocarril

{}

Os particulares que desexen facer fotografías nas zonas privadas de uso público das principais estacións ferroviarias de Adif non terán necesidade de dispoñer de permiso previo.

Malia que as fotografías sexan realizadas por afeccionados, aquelas reportaxes cuxa temática principal non sexa de índole ferroviaria ou estea relacionada co ferrocarril en xeral necesitarán un permiso específico e poden ser consideradas traballos profesionais.

Así mesmo, as seguintes situacións non se consideran como"fotografía de afeccionados"e, polo tanto, entenderanse como traballos profesionais que requiren autorización expresa:

  • Blogs, catálogos e/ou editoriais de moda, books de modelos, actores e actrices.
  • Reportaxes de voda, prevoda e comunións
  • Reportaxes para redes sociais con fins lucrativos.
  • Fotografías con fins comerciais.

Limitacións

Non obstante, no caso das fotografías de afeccionados, séguense as seguintes limitacións: