Espazos dispoñibles

Subtítulo sit amet consectetur adipiscing elit.

{}
As estacións son lugares que van máis alá do mero feito de subir ou baixar dun tren ou agardar a alguén que vén de viaxe. Son un punto de encontro en constante actividade onde se pode dende montar un posto e distribuír publicidade, ata visitar unha exposición, facer compras, instalar un negocio, asistir a concertos ou conferencias ou convertelos no estudio de gravación dunha película.
Dispón dun buscador que lle facilita a localización de espazos e inmobles dispoñibles en venda ou alugueiro. Pode atopar máis información na sección Comercialización de Inmobles.

Postos, puntos de venda e outros espazos en estacións

As estacións de Adif son espazos vivos, luminosos, céntricos e peculiares, axeitados para accións e actividades espectaculares. Feiras, exposicións, postos, promocións, roldas de prensa, concertos, espectáculos, etc. Os nosos espazos non poñen límites á súa imaxinación.

Título fragmento
Postos
Son espazos para a promoción de produtos e servizos, ou ben para a captación de socios ou clientes, sempre que non se realice ningunha contraprestación económica no posto.
Puntos de venda
Consiga un espazo temporal para a comercialización dos seus produtos e servizos.
Espazos singulares (feiras, eventos, outras canles)
Nas estacións e na sa contorna dispoñemos de espazos de grandes dimensións apropiados para feiras, eventos, reunións, espectáculos, probas de condución, roldas de prensa, concertos ... Os nosos espazos exclusivos non poñen límites á súa imaxinación.
Outras posibilidades
Nas estacións de viaxeiros de Adif pode entregar folletos e mostras, poñer un punto de venda na plataforma ou instalar as súas máquinas de venda automática.

Outras actividades

Estación Aberta
Este programa é a ferramenta para coordinar e desenvolver iniciativas culturais, sociais e ambientais en estacións de ferrocarril xestionadas por Adif, sempre baixo criterios de responsabilidade social e sen fins comerciais.
Puntos de recarga eléctricos
Implantación de puntos de recarga / ferrolineiras
Fotografía e traballos audiovisuais
Realización de fotografías ou traballos audiovisuais en estacións ou outras instalacións de Adif
Localizacións para rodaxes e eventos

Adif pon a disposición de todos os interesados un novo catálogo-web de espazos, mediante o cal pode buscarse por tipoloxía ou situación xeográfica o espazo que se necesita para cada un dos seus proxectos.

Os espazos están clasificados entre estacións modernas, históricas, clásicas, pequenas, apeadeiros, centros loxísticos e espazos industriais, outras infraestruturas ferroviarias ou espazos singulares.

Activos para o desenvolvemento
Unha iniciativa de Adif para impulsar a recuperación de activos ferroviarios en desuso, converténdoos en recursos para a xeración de desenvolvemento e emprego nas zonas de España que máis o necesitan.

O Programa trata de contribuír á resposta que require o reto do despoboamento rural en España.
Neste vídeo amosámoslle as diferentes posibilidades que as empresas e os emprendedores teñen para anunciar ou comercializar os seus produtos e servizos nas estacións de viaxeiros de Adif
Máis información

Accións e campañas publicitarias en estacións

As estacións de Adif, pola súa céntrica situación nas cidades, son o escaparate ideal para realizar accións e campañas publicitarias.Máis información enhttps://www.exteriorplus.es.