Colaboración
Ofertas de colaboración en I+D+i
Vivimos nunha sociedade que cada día presenta necesidades novas ás que o ferrocarril debe responder con solucións específicas de alta calidade, sostibles e que ao mesmo tempo poidan ser asumidas polo mercado como un novo valor engadido á oferta comercial do transporte.
Dende hai máis de dez anos, Adif desempeña unha función destacada na renovación tecnolóxica do sector, poñendo os recursos necesarios para que a infraestrutura sexa máis accesible, máis segura, máis sostible e permita aos operadores despregar nela todo o seu potencial para facer do ferrocarril un medio de transporte máis competitivo, acadando os niveis más elevados de fiabilidade e seguridade.
Os logros obtidos permitiron exportar a tecnoloxía ferroviaria española aos mercados internacionais, nos que goza de gran prestixio e aceptación. E os seus resultados están a disposición da industria e dos mercados, xa sexa en forma de colaboración específica en proxectos de innovación, ou compartindo recursos con outras empresas innovadoras que desexen incorporarse ao Centro de Tecnoloxías Ferroviarias. Ademais, ofrece unha serie de produtos e servizos tecnolóxicos dos que se poden conceder licenza a terceiros e acceso á infraestrutura para probas e ensaios.
En definitiva, o Adif é unha entidade pública empresarial comprometida coa innovación, co medio e co tecido industrial; pero sobre todo cos cidadáns, a cuxo benestar van dirixidos todos os seus esforzos.
Explotación de intanxibles
Adif ofrece produtos tecnolóxicos que poden ser explotados polas empresas interesadas.Trátase de solucións que incorporan a tecnoloxía máis avanzada e que poden aplicarse en redes ferroviarias de calquera parte do mundo.
Ofrécense en condicións de non exclusividade a empresas con capacidade técnica para o seu desenvolvemento e fabricación.
Incorporación de empresas al CTF
Coa creación do CTF, Adif pretende situar o sistema ferroviario español á cabeza en materia de investigación, desenvolvemento e innovación no campo ferroviario. O CTF conta con laboratorios especializados en tecnoloxías de vangarda onde é posible experimentar e desenvolver novos sistemas e afondar na mellora dos actuais.
Título fragmento
Información e solicitude
cubrindo inicialmente o Formulario de instalación no CTF
Acceso a infraestruturas de I+D+i
Título fragmento
Información das infraestruturas dispoñible no "Catálogo de probas e ensaios na infraestrutura e instalacións de Adif e Adif Alta Velocidade".