Accesibilidade nas estacións de viaxeiros

Servizo de atención e asistencia

Co fin de facilitar o tránsito polas nosas estacións a todos os viaxeiros en xeral e, sobre todo, a aqueles con discapacidade ou mobilidade reducida, hai todo un conxunto de medidas e servizos que teñen como obxectivo acadar a accesibilidade universal das nosas estacións e dos servizos ferroviarios que nelas se prestan.

Servizo Acerca

Responsive Image

En que consiste

É un servizo de Atención e Asistencia aos viaxeiros con discapacidade ou mobilidade reducida que Adif pon a disposición dos clientes do ferrocarril nas 146 estacións de Adif e Adif Alta Velocidad onde está operativo.

Trátase dun servizo personalizado que orienta, informa e facilita ao viaxeiro o acceso e o tránsito polas estacións, así como a asistencia para subir e baixar dos trens. En caso necesario, dispón dos medios mecánicos para a súa realización.

O servizo comprende tanto o recibimento do viaxeiro no punto de encontro da estación de orixe, asistencia no tránsito pola estación e a súa subida e acomodo no tren, como a recollida en destino na praza asignada no tren e o seu desembarco e acompañamento ata o lugar previamente establecido na estación de destino.

Solicitude de asistencia

Os viaxeiros que o necesiten poderán solicitalo:
Título
  • No momento da compra do billete a través das canles de venda establecidas polas empresas operadoras de trens.
  • Despois da compra do billete e antes de realizar a viaxe por medio dos teléfonos e canles habilitadas por parte dos operadores.
  • Directamente nas estacións con servizo permanente, se non se realizou no momento da compra e cunha antelación mínima de 30 minutos á saída do tren. Nas estacións con servizo puntual a asistencia deberá solicitarse a través do operador con polo menos 12 horas de antelación. (Pódese consultar o Tipo de Servizo en estacións accedendo ao apartado Listaxe de estacións que se mostra máis abaixo).
  • A solicitude de asistencia para viaxes internacionais con orixe nalgunha das estacións con Servizo Adif Acerca e destino estacións de países de Europa pertencentes á Unión Internacional de Ferrocarrís (UIC) debe realizarse cunha antelación mínima de 48 horas á saída do tren en orixe a través de correo electrónico no enderezo oca.asistenciapmr@adif.es ou no teléfono 917744040 en horario de 6:00 a 24:00 h.

Listaxe de estacións

Servizo Adif Acerca certificado por AENOR
Ver certificado


Política de Accesibilidade Universal aplicada ao servizo Adif Acerca

Acceder á Política de accesibilidade universal

Estacións máis cómodas, máis accesibles e máis modernas

Estacións máis cómodas, máis accesibles e máis modernas

A accesibilidade universal é unha das liñas de actuación básicas na prestación dos servizos ferroviarios. Así, os plans de mellora e modernización nas estacións contribúen a cumprir o obxectivo de Adif de facer das infraestruturas e instalacións ferroviarias un espazo de cada vez maior valor para a cidadanía, xerador de benestar, progreso e cohesión social.

Os plans de modernización de estacións desenvólvense segundo catro liñas de actuación principais:

1.       Rehabilitación e modernización de edificios de viaxeiros

2.       Mellora da accesibilidade

3.       Incremento da seguridade

4.       Actuacións ambientais

Responsive Image
Bandas de proximidade e raias amarelas no bordo da plataforma
Responsive Image
Mellora de acceso e contornas
Responsive Image
Pasos de caucho antiesvarante entre plataformas
Aparcadoiros accesibles
ramplas e ascensores nas plataformas
iluminación con enerxía solar