Información Pública
Subtítulo sit amet consectetur adipiscing elit.
- Trámite de audiencia para a formulación de alegacións:
- Información pública de expropiacións, estudos e proxectos:
- Información pública de avaliación de impacto ambiental ordinaria
- Información pública de proxectos e estudos de impacto ambiental
Información pública de audiencia, expropiacións, estudos e proxectos
Información pública de audiencia, expropiacións, estudos e proxectos
Trámite de audiencia sobre a proposta de regulamento de determinación dos canons ferroviarios
Trámite de audiencia sobre a proposta de regulamento de determinación dos canons ferroviarios
O artigo 96.1 da Lei 38/2015, do Sector Ferroviario, dispón que a utilización das infraestruturas ferroviarias e instalacións de servizo titularidade dos administradores xerais de infraestruturas ferroviarias dará lugar á percepción das prestacións patrimoniais de carácter público non tributario reguladas nos artigos 97 e 98 da devandita Lei, que recibirán o nome de canons ferroviarios. A súa determinación levarase a cabo polos administradores de infraestruturas ferroviarias seguindo o establecido no artigo 100 da Lei do sector ferroviario, e aprobarase mediante un Regulamento adoptado polo seu Consello de Administración, que deberá ser publicado no “Boletín Oficial do Estado” e incorporado á Declaración sobre a Rede.
Por outra banda, o artigo 100.2 da Lei do sector ferroviario dispón, en canto ao procedemento para a aprobación da proposta de Regulamento de determinación dos canons ferroviarios, as súas modificacións anuais e revisións excepcionais, que a proposta será publicada no portal web do administrador de infraestruturas con obxecto de dar audiencia, durante un prazo non ampliable de quince días naturais, aos cidadáns afectados, e obter cantas aportacións adicionais poidan facer outras persoas ou entidades.
Así mesmo, establécese que, durante este mesmo prazo de quince días naturais, a proposta consultarase cos obrigados ao pago dos canons, de acordo cos artigos 97.2 e 98.2 da Lei do sector ferroviario, e coas comunidades autónomas, que poderán remitir o correspondente informe antes de que conclúan os referidos quince días.
En virtude do anteriormente exposto e de conformidade co disposto no artigo 100.2 da Lei 38/2015, de 29 de setembro, do sector ferroviario, a Presidencia da entidade pública empresarial Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) adoptou a seguinte resolución, de conformidade co previsto no artigo 100.2 da Lei do sector ferroviario:
- Apertura do trámite de audiencia polo prazo improrrogable de quince días naturais, a contar desde o día seguinte da publicación da presente resolución na páxina web do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), para que calquera persoa física e xurídica poida formular as observacións ou suxestións que teña por conveniente e todos os interesados poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que estimen pertinentes sobre a proposta adxunta á presente resolución.
- As alegacións, documentos e xustificacións que estimen pertinente presentar sobre a proposta de Regulamento de determinación dos canons ferroviarios, deberan presentarse a través da sede electrónica de Adif, a través do procedemento de presentación de Solicitudes, Escritos e Comunicacións (Instancia Xeral), indicando no expón “Alegacións á proposta de Regulamento de determinación dos canons ferroviarios”.
- A proposta de Regulamento de determinación dos canons ferroviarios estará a disposición dos interesados nas seguintes ligazóns.
Data de publicación: 25 de setembro de 2023
Información pública de estudos e proxectos técnicos
Información pública de expropiacións
Información pública de avaliación de impacto ambiental ordinaria
Este proceso regúlase na Lei 21/2013, de 9 de decembro, de Avaliación Ambiental que, entre os seus principios reitores conta, no seu artigo 2, co principio de participación pública.
Igualmente, a citada Lei establece, no seu capítulo II, sección 1ª, o procedemento de Avaliación de Impacto Ambiental Ordinaria de proxectos, para aqueles casos previstos no seu artigo 7