Programa Estación Abierta Adif

Subtítulo sit amet consectetur adipiscing elit.

O Programa


Dentro das accións de Responsabilidade Corporativa e Sostibilidade de Adif, concretamente como parte das accións que tratan de optimizar o noso impacto social externo nas contornas locais, Adif conta desde 2008 cun programa de actuacións denominado Programa Estación Aberta Adif. Este programa é a ferramenta para coordinar e promover iniciativas culturais, sociais e ambientais en estacións ferroviarias xestionadas por Adif, sempre baixo criterios de responsabilidade social e sen fins comerciais.
Título

A súa finalidade é potenciar a conexión social da estación coa súa contorna e aumentar deste xeito o valor que Adif achega nos lugares onde se desenvolve a súa actividade. O programa artéllase en tres eixes de actuación: 
  • Apertura da Estación á contorna (visitas e actividades sociais)
  • Sensibilización en valores mediante a colaboración con ONG e outras entidades sen ánimo de lucro (exposicións, mesas informativas, captación de socios ou fondos, flashmob, concertos, etc.).
  • Accións culturais para a promoción de artistas noveis (concertos e exposicións)
O Programa Estación Aberta Adif é o principal instrumento de Adif para materializar a colaboración co terceiro sector, poñendo á súa disposición, de balde, unha plataforma excelente (cada ano máis de 150 millóns de persoas pasan polas estacións de Adif) para realizar actividades que lles axuden a acadar os seus obxectivos, mentres que as estacións aumentan o seu valor para os cidadáns ao proporcionarlles contidos culturais, sociais ou ambientais.

Como o facemos

O traballo de colaboración con organizacións sen ánimo de lucro está regulado por un procedemento interno de traballo que nos permite garantir a homoxeneidade nas respostas ás peticións de espazo, con criterios explícitos e compartidos, independentemente da súa canle de entrada; tamén fai máis áxil e transparente o proceso de atención e resposta ás organizacións do terceiro sector.

Solicitude para a cesión de espazos a organizacións

As entidades sen ánimo de lucro (asociacións e fundacións) e institucións públicasque estean interesadas en levar a cabo algunha actividade en estacións de Adif e Adif AV deben enviar cuberto o formulario de solicitude e os documentos que nel se relacionan.
Tamén pode interesarche:
Principais indicadores do Programa

Indicadores 2020

197

Actividades realizadas

72

Entidades participantes

60

Estacións empregadas

Indicadores 2020

144.036 €

Retorno directo obtido

7.63

Grao de satisfacción co resultado da actividade polas entidades (valoración media)

9.28

Grao de satisfacción coa colaboración prestada por Adif ás entidades (valoración media)