DVL
Dispositivo meteorolóxico para tráfico. Detector de vento lateral con algoritmo de control para establecer límites temporais de velocidade

O Detector de Vento Lateral é un sistema que permite predicir a velocidade e a dirección
do vento que afecta aos tráficos ferroviarios. En condicións meteorolóxicas adversas, determina os rangos de velocidade dos trens que garanten a súa seguridade.
O sistema consiste nun conxunto de estacións meteorolóxicas para medir a velocidade
e dirección do vento, a temperatura, a presión atmosférica e a humidade
relativa; e por un algoritmo de control que procesa a información e establece as limitacións temporais de velocidade correspondentes.
- Importancia cada vez maior dos efectos do vento lateral na circulación dos trens de alta velocidade.
- O fenómeno faise máis relevante en trazados de alta velocidade con terrapléns ou viadutos, e tamén á saída das trincheiras.
- O uso de tecnoloxías de tracción distribuída nos trens implica unha maior sensibilidade aos efectos producidos polo vento lateral.
Parágrafo de tipo destacado
Dúas funcións principais:
- MEDIR a velocidade e dirección do vento para predicir o seu comportamento.
- XERAR alarmas cando se superan os límites de seguridade e comunicar as limitacións temporais de velocidade para a circulación segura dos trens.


Licenciado a:

