Centro de Tecnoloxías Ferroviarias (CTF)

Cando innovar é máis que un proceso

Innovar é unha actitude, unha característica vital das organizacións que queren estar na vangarda do sector e manter unha posición sólida no mercado. 

A innovación tecnolóxica é un compoñente substancial do ferrocarril e as infraestruturas son plataformas nas que se integran as tecnoloxías máis avanzadas dun gran número de áreas técnicas e científicas diversas. A infraestrutura pode ofrecer así as mellores condicións para os operadores de transporte e para os usuarios finais nun ambiente liberalizado e competitivo.

Adif quere liderar a innovación tecnolóxica das infraestruturas para que o ferrocarril sexa o transporte do futuro que estamos a construír no presente.

O Centro de Tecnoloxías Ferroviarias naceu coa misión de concentrar os esforzos de Adif e dos axentes do ecosistema innovador en deseñar ese futuro con tecnoloxías clave e proxectos de alto impacto innovador. É un espazo para a innovación ferroviaria aberta e colaborativa, onde o esforzo de Adif únese ao doutras entidades que coñecen a importancia de traballar unidos para un futuro mellor. 

Información del CTF

Descargar información del CTF en formato pdf.
Visita virtual al CTF en 360º (enlace externo).

ctf@adif.es

O CTF é un espazo para a innovación no que o Adif pon a disposición das empresas instalacións e recursos para desenvolver proxectos de última xeración e alto impacto. É un ambiente colaborativo e aberto no que as empresas poden destacar equipos de traballo nun ambiente seguro para a innovación.

Ata o momento, son 21 as empresas que decidiron apoiar esta iniciativa do Adif. Ademais, o CTF é asede do maior clúster tecnolóxico ferroviario de España, o Railway Innovation Hub, ó que pertencen máis de 90 empresas e startups.

Entre os recursos xestionados polo CTF atópanse laboratorios especializados, que permiten experimentar e desenvolver novos sistemas e afondar na mellora dos actuais:

  • Laboratorio estación (CTF, Málaga)
  • Banco de ensaios de compoñentes de catenaria (CTF, Málaga)
  • Instituto de Magnetismo Aplicado Salvador Velayos (Las Rozas, Madrid)
  • Laboratorio de ensaios de alta velocidade (LAV Madrid-Barcelona, km 69 + 500)

Os recursos financeiros para a implementación do CTF proceden, por unha banda, da Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e, por outra, do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011, de acordo coas seguintes convocatorias:

  • Subprograma de actuacións en infraestruturas científicas e tecnolóxicas en parques científicos e tecnolóxicos (ACTEPARQ) 2009.Proxecto: Adaptación do equipamento do Centro de Tecnoloxía Ferroviaria de Adif (PCT-460000-2009-17), por un importe de 5,565.106 €.
  • Subprograma de actuacións en infraestruturas científicas e tecnolóxicas en parques científicos e tecnolóxicos (INNPLANTA) 2011.Proxecto: Dotación de equipamento do Centro Integral de Servizos Ferroviarios (CISF) (INP-2011-0023-PCT-460000-ACT 16-1-4), por un importe de 2.780.000 €.
  • Subprograma de actuacións en infraestruturas científicas e tecnolóxicas en parques científicos e tecnolóxicos (INNPLANTA) 2011.Proxecto: Dotación de equipamento en ampliación do CTF (INP-2011-0023-PCT-460000-ACT 10-1-4), por un importe de 309.773 €.

No proceso de adxudicación, o Parque Tecnolóxico de Andalucía, onde se atopa o CTF, actuou como entidade colaboradora, designada polas institucións de orixe dos fondos.​

Incorporación de empresas ao CTF
As empresas interesadas en incorporarse ao CTF poden solicitalo a través do correo electrónico innovacion@adif.es, achegando o formulario de instalación completado.