Accesibilidade

Subtítulo sit amet consectetur adipiscing elit.

A Entidade pública empresarial Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Este sitio web aplica os requisitos da Norma UNE-EN 301549:2020, considerando as excepcións do RD 1112/2018.

A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web https://www.adif.es.

Título

ILUNION Accesibilidad levou a cabo unha auditoría de accesibilidade do sitio web de Adif, a fin de certificar o seu cumprimento co nivel AA das Pautas de Accesibilidade para o Contido Web na súa versión 2.1 (Web Content Accessibility Guidelines - WCAG 2.1) publicadas polo World Wide Web Consortium (W3C), así como cos requisitos para cumprir a Norma UNE 301 549: 2018, tamén no seu nivel AA.

Consultar informe

Situación de cumprimento

Este sitio web está parcialmente conforme co RD 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

ILUNION Accesibilidad certifica, con data 27 de decembro de 2022, que o sitio web de Adif, cumpre parcialmente o nivel Dobre A segundo as Pautas de Accesibilidade ao Contido da Web 2.1 da Web Accessibility Initiative (WAI) do World Wide Web Consortium, malia que se detectou que aínda existen as seguintes barreiras:

  • Hai imaxes cuxa descrición textual debe revisarse.
  • Nalgunhas páxinas debe revisarse o uso da cor, así como o contraste entre o primeiro plano e o fondo.
  • Hai problemas na visualización do contido ao ampliar ou achegar o texto.
  • Hai problemas na navegación con teclado
  • Nalgúns casos os erros non se identifican correctamente
  • Nalgúns casos debe revisarse a interacción con tecnoloxías de apoio.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible debido ao seguinte:

Preparación da presente declaración de accesibilidade

Esta declaración foi preparada o 27 de xullo de 2022.

O método empregado para preparar a declaración foi realizar unha auditoría de accesibilidade coa metodoloxía OA

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 9.2.a) do RD 1112/2018), como por exemplo:
  • informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web
  • transmitir outras dificultades de acceso ao contido
  • formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web
A través do seguinte formulario de contacto , seleccionando a área "Buzón de Comunicación Web" [Caixa do correo de Comunicación Web].

Pode presentar:
  • unha Queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018 ou

  • unha Solicitude de Información accesible relativa a: 

    • contidos excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 segundo o establecido polo artigo 3, apartado 4

    • contidos exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impoñer unha carga desproporcionada.

Na Solicitude de información accesible, débense concretar con toda claridade os feitos, razóns e petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.

A través da  Instancia Xenérica da Sede electrónica do  Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital  , así como do resto de opcións recollidas na Lei 39/ 2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As comunicacións, queixas e solicitudes de información accesible serán recibidas e tratadas pola Secretaría Xeral de Administración Dixital.
Procedemento de aplicación.

Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada, ou a resposta non cumprira os requisitos contemplados no artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderase iniciar unha reclamación no caso de que trascurrira o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.

A reclamación pode presentarse través da Instancia Xenérica da Sede electrónica do  Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital  , así como no resto de opcións recollidas na Lei 39/ 2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
 
As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Subdirección Xeral de Inspección de Servizos do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.