Pezas de guiado

Pezas de guiado de carrís ferroviarios sen xuntas nas curvas durante a operación de liberación de tensións no carril

Estas pezas conseguen que cando se tira do carril (operación que se realiza convencionalmente na liberación de tensións lonxitudinais) guían o desprazamento lonxitudinal que se produce no carril e ao mesmo tempo impide o desprazamento transversal ou de endereitamento que o carril tende a realizar ao estar en curva e tirar lonxitudinalmente do mesmo.

Tamén evita o desprazamento vertical ou envorco que tende a facer o carril ao tirar do mesmo e estar en curva.

A invención é aplicable na operación de liberación de tensións lonxitudinais no carril en curvas do ferrocarril e máis concretamente en curvas de radio reducido, de menos de 500 m de radio en planta.

Comprende un brazo provisto de medios de fixación a unha travesa e inclúe polo menos un
rolo xiratorio que descansa sobre un elemento seccionador entre a alma e o patín do carril ou sobre ambos.