Sensor de Area

Dispositivo e procedemento para medir a altura de cúmulos dunha substancia en ambientes ferroviarios

É un sistema de seguridade que pertence ao campo dos sensores para medir as alturas de substancias, especialmente a altura da area no campo ferroviario e de comunicacións en ambientes desérticos.

O dispositivo é capaz de determinar a cantidade de substancia acumulada nun determinado lugar, así como o seu procedemento de medida asociado.

A substancia pode ser calquera da que se coñeza a súa densidade e, preferentemente, aquelas substancias que se atopan en ambientes ferroviarios como auga, area, neve, barro, xeo, etc.

A invasión das vías por area procedente de dunas en movemento ou depositada por fenómenos de tormentas de area e vento é unha das preocupacións que poden afectar tanto ao uso como ao mantemento das instalacións. Se se deposita unha cantidade significativa de area nas vías, podería ser necesario reducir temporalmente a velocidade permitida, interrompendo en casos extremos o tráfico de trens por seguridade.

Neste contexto, é necesario empregar detectores de acumulacións ou cúmulos de substancia capaces de proporcionar ao operador da liña ferroviaria, especialmente a liña de alta velocidade, información sobre a cantidade de substancia (area, auga, etc.) que se acumula en cada momento en determinados puntos da vía. Para dar esta información, créase
o dispositivo e o procedemento para medir a altura do cúmulo dunha substancia en ambientes ferroviarios.

O dispositivo é capaz de medir directamente a altura dos cúmulos a través de sensores capacitivos e indirectamente a través do valor do peso acumulado sobre unha célula de carga xunto coa densidade típica do material a medir, o que permite facer axustes á densidade empregando un sensor de humidade ambiental. Esta dobre medida dálle máis fiabilidade á lectura proporcionada polo dispositivo.

Tamén ten un acelerómetro para comprobar a verticalidade do dispositivo, evitando así lecturas erróneas en caso de inclinación ou envorco por un posible golpe.

A información xerada polo dispositivo transmítese ata un centro de control onde se levarán a cabo as accións necesarias en función das lecturas de nivel.

O dispositivo probouse no entorno ferroviario de liñas de alta velocidade sen sufrir ningún tipo de interferencia nas súas lecturas, nin debido á proximidade á catenaria nin ao paso dos trens.

Compartida con: