Telefonema dixital

Procedemento e sistema para corte e restablecemento de tensión nunha liña eléctrica mediante telefonemas

 

 

Esta patente automatiza a xestión dos telefonemas convencionais empregados para solicitar manobras de corte/conexión dunha zona dunha liña eléctrica para realizar mantemento, reparacións ou modificacións da liña.

 

 

 

 

Descrición

Comprende un centro de telemando de enerxía que se comunica con dispositivos portátiles, cada un deles asignado a polo menos un operario de mantemento, a través do cal se envía un telefonema a partir da información almacenada no centro de telemando no que se xestiona e almacena os diferentes eventos acontecidos durante a solicitude.

As manobras solicitadas no telefonema envíanse á instalación da liña eléctrica desde o centro para a súa execución. O centro permite a xestión de bloqueos dos elementos de corte/conexión das instalacións da liña eléctrica e permite aos operadores de mantemento consultar o estado dos devanditos elementos de corte/conexión a través dos dispositivos portátiles.