Protección de datos

Subtítulo sit amet consectetur adipiscing elit.

O dereito á protección dos datos de carácter persoal é un dereito fundamental dos cidadáns amparado no artigo 18.4 da Constitución Española.

Adif tratará os seus datos persoais de conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro, de Protección de Datos e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

Adif actuará como responsable do tratamento dos seus datos persoais. Os seus datos identificativos completos e de contacto atópanse dispoñibles no Aviso Legal da web corporativa.

Principios que aplicamos

Adif aplica os seguintes principios ao tratamento dos seus datos persoais:
Legalidade, equidade e transparencia
  • Ter unha xustificación legal e identificar a base ou bases legais adecuadas para o tratamento.
  • Proporcionar información clara sobre as actividades do tratamento e a súa xustificación.
Limitación do propósito
  • Recoller os datos para fins específicos, explícitos e lexítimos e non tratalos posteriormente de maneira incompatible con eses fins.
Minimización de datos
  • Asegurar que os datos tratados son os adecuados, precisos e necesarios para a finalidade perseguida.
Precisión e limitación da conservación
  • Garantir a exactitude dos datos e, se é necesario, mantelos actualizados.
  • Dispor dos datos só durante o tempo necesario para os fins para os que se solicitaron.
Seguridade
  • Implantar medidas técnicas e organizativas apropiadas para protexer os datos persoais da destrución, perda, alteración, divulgación non autorizada ou acceso accidental ou ilegal.
Responsabilidade activa
  • Actuar con dilixencia, implantando as medidas técnicas e organizativas necesarias para protexer e garantir os dereitos e liberdades das persoas cuxos datos tratamos.

Limitacións

Adif non permite aos menores de 14 anos incorporar os seus datos persoais a calquera dos formularios ou espazos, de calquera tipo, que configuran a web para a prestación de servizos. Por tanto, Adif queda eximida de calquera responsabilidade que puidese derivarse do incumprimento desta prohibición.

Cando algún servizo puidese estar destinado a usuarios menores de 14 anos, habilitaranse os medios legais precisos para a obtención das autorizacións correspondentes de pais ou titores legais.

Rexistro das actividades de tratamento de datos persoais

Adif, de conformidade co artigo 30 do RXPD e o artigo 31.2 da LOPDGDD, como responsable do tratamento, dispón dun rexistro das actividades de tratamento de datos persoais que realiza, identificando, entre outra información, quen trata os datos, con que finalidade e que base xurídica o lexitima.

Poden consultarse a continuación:

Cláusulas informativas

Adif, no marco do principio de transparencia, comunicación e información aos interesados que rexe a súa actuación, pon a disposición dos mesmos as cláusulas informativas correspondentes a cada un dos tratamentos de datos persoais que leva a cabo.

Poden consultarse a continuación:

 

Dereitos dos interesados

A persoa interesada poderá exercitar os seguintes dereitos:

  • Dereito de acceso: É o dereito da persoa interesada a obter de Adif confirmación de se están a tratarse ou non os seus datos persoais e, en caso afirmativo, dereito de acceso a estes datos.
  • Dereito de rectificación: É o dereito da persoa interesada a solicitar a rectificación dos seus datos persoais que figuren de maneira inexacta. A persoa interesada, así mesmo, tendo en conta os fins do tratamento, terá dereito a que se completen aqueles dos seus datos persoais que resulten incompletos.
  • Dereito á supresión: É o dereito da persoa interesada a obter a supresión dos seus datos persoais sempre que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 17 do RXPD.
  • Dereito á limitación do tratamento: É o dereito da persoa interesada a obter a limitación do tratamento dos seus datos persoais sempre que concorra algunha das condicións establecidas no artigo 18 do RXPD. Neste caso, os datos só poderán ser obxecto de tratamento, con excepción da súa conservación, co consentimento da persoa interesada ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
  • Dereito de oposición: É o dereito da persoa interesada, en determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, a oporse ao tratamento dos seus datos persoais, de acordo co establecido no artigo 21 do RXPD.
  • Dereito á portabilidad dos datos: É o dereito da persoa interesada a recibir nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, aqueles datos persoais que facilite a Adif, e a transmitilos a outro responsable do tratamento sen que o impida Adif, a condición de que se cumpran as condicións establecidas no artigo 20 do RXPD.
  • Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: Este dereito pretende garantir que a persoa non sexa obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento dos seus datos, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos sobre ela ou lle afecte significativamente de forma similar.
Pode exercer os seus dereitos de protección de datos presentando unha solicitude a través das seguintes vías:
  • Persoalmente ou por correo postal ao Rexistro Xeral de Adif en C/ Sor Ángela de la Cruz, 3, 7ª planta, 28020 MADRID.
  • Na Sede Electrónica: https://sede.adif.gob.es
  • Dirixíndose ao correo electrónico: dpd.adif@adif.es
Deberá achegar, de ser requirido, copia do seu DNI ou documento identificativo válido en Dereito que acredite a súa identidade.

No caso de que non estea conforme coa resposta facilitada por Adif no exercicio dos seus dereitos, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es) ou ante calquera outra autoridade de control competente en materia de protección de datos da Unión Europea.

Pode contactar co noso Delegado de Protección de Datos (DPD) se desexa aclarar algún aspecto relacionado co tratamento dos seus datos, a través da conta de correo electrónico: dpd.adif@adif.es .

Dereito de Información

Información básica sobre protección de datos

Para acceder a algún dos servizos ofrecidos a través deste sitio web ,os usuarios deberán proporcionar previamente algúns datos de carácter persoal. De conformidade co establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 (RXPD), informamos que os datos persoais facilitados serán tratados por ADIF coa finalidade de posibilitar o acceso aos servizos ofrecidos a través desta paxina web . A base que lexitima o tratamento dos datos persoais é o interese público ou o exercicio de poderes públicos. Non se cederán datos a terceiros, salvo obriga legal.

ADIF adoptará as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal que se proporcionen, evitando a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. ADIF tratará estes datos segundo as condicións determinadas neste apartado e con suxeición ao establecido nas condicións particulares do correspondente servizo.